GaliciaBannerGaliciaBanner
ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foros
Arquivo
Ligazóns

*Eleccións catalás: CIU gaña con 48 deputados, os acordos decidirán o goberno

Redacción 02 de novembro de 2006 As eleccións catalás, celebradas na xornada de onte, amosan unha calara recuperación de CiU que acada 48 deputados -2 máis que nas anteriores- proclamándose gañadora destes comicios, tanto en votos coma en escanos, e amosan tamén o grande restroceso do PSC que perde 5 deputados respscto dos anteriores comicios. Con estes resultados o goberno da Generalitat fica en función dos posíbeis acordos, o tripartito (PSC-ERC-ICV) podería repetir aínda que existen outras posibilidades que colocarían a CiU outra volta no goberno.

Por circunscripcións gaña CiU nas catro, por comarcas CiU gaña en 38 das 41 existentes.

A participación foi unha das máis baixas dende 1980 cun 56,77 % -fronte ao 62,54 % do 2003-.

As posíbeis alianzas para formar goberno (68 deputados son necesarios para a maioría) serían ou ben a reedición do tripartito ou ben un pacto nacionalista CiU-ERC, aínda que outras combinacións serían posíbeis como CiU-PSC.

A composición do parlamento quedaría do seguinte xeito:
Resultados co 100 % escrutado (+ info aqui) Eleccións 2006 Eleccións2003
 
..Votos..
%
Escanos
Votos
%
Escanos
Convergència i Unió
928.511
31,52 %
48
1.024.425
30,94 %
46
Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC-PSOE) - Ciutadans pel Canvi
789.767
26,81 %
37
1.031.454
31,16 %
42
Esquerra Republicana de Catalunya
414.067
14,06 %
21
544.324
16,44 %
23
Partit Popular
313.479
10,64 %
14
393.499
11,89 %
15
Iniciativa per Catalunya Verds-Esquerra Unida i Alternativa
281.474
9,56 %
12
241.163
7,28 %
9
Ciutadans-Partido de la Ciudadania
89.567
3,04 %
3
0
0 %
0


Voltar a novas

Ver anteriores