GaliciaBannerGaliciaBanner
ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foros
Arquivo
Ligazóns

*ADEGA valora positivamente as iniciativas do ministerio contra o desbaldimento de auga

Redacción 02 de novembro de 2006 A medida presentada agora por Narbona, figuraba no texto orixinal da Iniciativa Lexislativa Popular en Defensa dos Ríos promovida por ADEGA, e foi eliminada polo PSOE e o PP do texto final da lei.

Dende ADEGA apoioan a proposta do Ministerio de Medio Ambiente para que tadas as administracións, autonómicas e locais, garantan un consumo de auga dun mínimo de 60 L. por habitante e día a prezo asequíbel, penalizando por treitos un consumo superior. Dende ADEGA demandan que esta liña de xestión da auga incida tamén noutros sectores como as actividades industriais e agrogandeiras.

Grandes cidades do estado teñen avanzado nesta liña implementando Planos Integrais que inciden en todos os sectores da poboación dende as institucións até as cidadás e cidadáns pasando por industrias e actividades agrogandeiras. Cidades como Vitoria, cunha poboación de 227 mil habitantes, consume hoxe un 10% menos de auga que no ano 1994 con trece mil veciños máis. En Alcobendas téñense instalado 5.000 sistemas economizadores de auga en 4.000 fogares que teñen aforrado uns 102 millóns de litros de auga anuais; ou cidades como Zaragoza pasaron dun consumo total na cidade no 2001 de 80 a 71 hm3 en tres anos.

A media Galega no consumo de auga é de 155 l por habitante e día, e a cidade de Vigo é sinalada polo Ministerio de Medio Ambiente como unha das máis despilfarradoras do Estado (393 litros por habitante e día).

Adega solicita a Xunta de Galiza a aplicación de medidas urxentes e estruturais que redunden nunha xestión sustentábel da auga. Non abonda con medidas paliativas senón que tamén, e sobre todo, son necesarias medidas a medio-longo prazo que permitan reducir o actual abuso no consumo da auga, diminuir a contaminación, especialmente nos cursos fluviais, e os impactos ambientais derivados. Debemos traballar con visión de futuro por unha Nova Cultura da Auga, algo que é o cerne do debate en medio mundo e que aínda non ten chegado ao noso país.

Adega demanda tanto da Xunta de Galiza como das administracións locais, medidas que fomenten unha cultura da auga aforradora e eficiente. A auga é un recurso limitado e esencial para a conservación da biodiversidade, dos ecosistemas naturais, das paisaxes e do equilibrio ecolóxico. Compre rematar co seu desbaldimento e xestionala como o que é: un ben sen o que non poden vivir nen os seres humanos nen a natureza.

Voltar a novas

Ver anteriores