Publicidade
Contacto
|
*A galega Telemo Comunicacións rompe o monopolio de Portugal Telecom no mercado das cabinas telefónicas
Redacción 02 de novembro de 2006 Hoxe abre as súas portas o Salón Internacional de Tecnoloxías da información e Comunicación (SITIC) na Feira Internacional de Lisboa (do 2 ao 5 de novembro). Telemo Comunicacións estará presente xunto ás principais empresas do sector, mostrando os produtos cos que desembarca empresarialmente en Portugal.
O mercado das cabinas telefónicas, tanto públicas como privadas, dará un envorco coa chegada deste operador galego. Telemo Comunicacións será a primeira empresa con capital galego que rompa o monopolio que Portugal Telecom ten nesta área de produto. En dous anos teñen a intención de instalar 1.500 teléfonos de moedas.
Telemo Comunicacións preséntase na feira SITIC cun stand que en tres áreas, mostra os seus principais produtos e servizos: teléfonos de moedas, tarxetas prepago para chamadas internacionais e liñas ADSL para empresas.
Como promoción de lanzamento, Telemo Comunicacións regalará 100 tarxetas prepago con 5 euros en chamadas internacionais que repartirá entre os primeiros visitantes do seu stand.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|