|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión ForoNOVO!!! Arquivo Ligazóns
|
*O
Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo ordena paralizar as
obras da piscifactoría de Rinlo, logo do recurso
apresentado por ADEGA
Redacción,
02 de
setembro 2005
Na mañán de onte, o Xulgado do
Contencioso-Administrativo de Lugo emitía un auto
procedendo a ordenar a paralización cautelar das obras que
ACUINOR, S.L (Alvárez-Cascos Paredes) está a levar a
cabo en Rinlo (Ribadeo) con destino a unha piscifactoría
que ocuparía 42.000 metros cadrados dentro dun espazo da
Rede Natura con hábitats prioritarios e sobre os que,
-dacordo coa Directiva 92/43 e Real Decreto 1997/1995-, só
se pode actuar alegando razóns de saúde e seguridade
pública ou "razóns imperiosas de interese
público de primeira orde".
No momento de
redactarmos esta nota non temos noticias de se o Xulgado nº 1
de Mondoñedo, -no que se segue denuncia penal por presunta
prevaricación urbanística pola licenza municipal de
obras e de actividade acordada polo Concello de Ribadeo-, ordenou
idéntica medida cautelar. De todas formas, na Asociación
para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)
estamos seguros de que, á vista das dilixencias practicadas
xa no día de onte coa solicitude do expediente e a petición
de informe ao SEPRONA, xa dispoñerá o xulgado de
indicios dabondos para proceder a unha paralización que,
nós estimamos, que se debera ter producido xa no día
de onte habida conta de que a parcela sobre a que se están
a realizar as obras está dentro dun espazo da Rede Natura
con hábitats prioritarios que, por seren escasos e estaren
en perigo de desaparición, gozan de especial
protección.
Dende ADEGA
queremos recordar que sobran en RIBADEO espazos onde ubicar esta
instalación sen ter que afectar a estes hábitats
prioritarios da REDE NATURA. E queremos recordarlle ao Goberno
municipal de Ribadeo que, mesmo por xustiza social (e tamén
por dignidade), non debera permitirse que alí onde un
veciño de Ribadeo non puido facer a súa casa, o seu
chalet ou o seu negocio menos debería poder facerse unha
negocio privado que ocupa non 400 senón 40.000 metros
cadrados.
Nota: Parte dispositiva do auto xudicial:
/"SE CONCEDE la suspensión de la ejecución
del acto recurrido a que se ha hecho mención en el
antecedente fáctico primero de la presente resolución,
interesada por el letrado D. Apolinar Gómez Roca, en
representación de la Asociación Ecológica de
Galicia, y, en consecuencia, se acuerda la paralización de
las obras que se están realizando en la parcel de Foxo
Longo para la construcción de una granja de cultivos
mariños, sin hacer imposición de
costas"/
RELACIONADAS:
*Voluntarios
de ADEGA-Lugo acudiron hoxe a declarar no xulgado de Mondoñedo
por deteren as obras da piscifactoría de Rinlo *Membros
de ADEGA chamados a declarar pola paralización das obras de
Rinlo *A
Consellaría de Medio Ambiente non revisará a
declaración de impacto ambiental aprobada polo anterior
Goberno no caso da granxa mariña de Rinlo *Membros
de ADEGA paralizan as obras dunha granxa de cultivos mariños
en Rinlo, nun espazo da Rede Natura 2000
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|