|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión ForoNOVO!!! Arquivo Ligazóns
|
*Tres
Trebóns, novo libro de relatos de Xurxo Souto
Redacción,
02 de agosto 2005
Na FEIRA DO LIBRO DA CORUÑA, o
mércores 3 de Agosto, ás 8 do serán, Xurxo
Souto presenta: TRES TREBÓNS (Edicións Xerais). Un
conxunto de relatos -con prólogo de Fran Alonso- unidos
pola mesma teima: a música. Velaí,
UN TREBÓN
Música: En todas as súas formas: ruído,
repichoca, harmonía pitagórica, clamor universal.
DOUS TREBÓNS Máis música: A canción
do cosmos, que nos define e aloumiña, e que nesta parte do
mundo vén sempre mollada co salsieiro do mar.
TRES
TREBÓNS Música, moita máis música:
Proclama dun novo mito para un novo tempo:
A MULLER SOL,
fecundidade feminina, que todo domina, como cantan estes versos
das Garotas da Ribeira:
"Nesta terra de mulleres que
sementan
berberechos na ribeira e patacas na leira.
Levan
nos ollos un Sol que non queima
E na boca un limón
maduro"
Neste acto ha ser protagonista a palabra
do editor Manuel Bragado e da alquimista (cómpre catar ao
vivo o misterio da súa arte) Sofía de
Labañou.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|