ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Arroutada Internacional

Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Opinión
Arquivo
Ligazóns
Anteriores


*
Quintana ve no “NON” francés unha espléndida oportunidade para construír europa desde os pobos e os cidadáns e non desde os estados e o mercado



Redacción, 2 de xuño 2005. O portavoz nacional do BNG e candidato á presidencia da Xunta, Anxo Quintana, valorou o resultado do referendo en Francia asegurando que “non hai que vivilo como un problema senón como unha espléndida oportunidade. A xuízo do líder nacionalista, son millóns os cidadáns europeos “os que consideramos que a construción da UE se pode facer doutro xeito, pensando máis nos pobos e nos cidadáns e menos nos estados e nos mercados”.

Europa debe repensarse e debe facelo desde outras bases, máis pegadas á xente e máis pegadas á democracia participativa que o BNG defende. Debe ser unha Europa máis social e máis dos pobos. Unha Europa que recoñeza a Galiza como nación”, afirmou o candidato do BNG á presidencia da Xunta.

O candidato nacionalista ironizou recordando as críticas ao BNG por ter defendido a mesma posición que agora vén de ser ratificada maioritariamente polo país veciño: “Supoño que Francia non estará chea de separatistas, verdade que non?”.


Voltar a novas

Ver anteriores