|
Publicidade Contacto Novas Internacional Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*O
BNG condena enerxicamente o lanzamento de cócteles molotov
sobre as sedes do PP e do PSOE e di que constitúen unha
grave ofensa ao conxunto do pobo galego
Redacción,
2 de xuño
2005. A Executiva Nacional do Bloque
Nacionalista Galego quer condenar enerxicamente o lanzamento
de cócteles molotov sobre as sedes do PP en Ordes e do PSOE
en Ourense.
Para
o BNG, estes actos constitúen unha grave ofensa ao conxunto
do pobo galego xusto no momento en que a sociedade se dispón
a elexer aos seus lexítimos representantes.
Accións
deste tipo repugnan a conciencia do pobo galego, que sempre tivo
historicamente o pacifismo como un dos seus rasgos de identidade
máis marcados.
Ante
provocacións desta caste, as forzas democráticas
deben reaxir con determinación e unidade, desde a repulsa
que producen actos tan irracionais e bárbaros.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|