|
Publicidade Contacto Novas Internacional Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*Quintana
anuncia en Bos Aires que como Presidente se compromete a conseguir
que os emigrantes galegos no exterior voten en urna e coas
garantías que existen no País
Redacción,
2 de xuño
2005.
Acusa
a Fraga de vir a América a desenvolver unha campaña
mentireira ofrecendo emprego para os fillos dos emigrantes mentres
os mozos galegos teñen que saír buscar traballo
fóra. O portavoz nacional do BNG e candidato á
presidencia da Xunta, Anxo Quintana, proclamou o seu compromiso
para asegurar que os emigrantes poidan exercer o seu voto nas
mesmas condicións das que disfrutan os galegos do
interior, polo que impulsará a reforma da lei
eleitoral.
“Comigo
como presidente nacionalista os emigrantes votarán en urna
coa mesma liberdade, transparencia, igualdade e garantías
democráticas coas que votamos os galegos do interior”,
anunciou Quintana nun encontro con xornalistas durante a visita
que efectúa a Arxentina.
Quintana
votou simbolicamente depositando unha papelate en blanco para
selar este compromiso, recalcando que o BNG seguirá levando
a cabo as iniciativas parlamentares necesarias para modificar a
actual lei eleitoral, modificación á que, de
momento, se opuxeron tanto o PP, “porque considera
que así pode manipular máis facilmente o voto da
emigración” como o PSOE, que rexeitou acceder
a esa modificación para que poidera materializarse nesta
convocatoria eleitoral.
O líder
nacionalista acusou a Fraga de ir a América cunha “campaña
mentireira”, xa que o candidato do PP “veu aquí
ofrecer traballo aos fillos dos emigrantes e deben saber que os
mozos e mozas galegos teñen que saír fóra a
buscar traballo”. O BNG, salientou, aposta polo retorno dos
emigrantes pero para iso é necesario “crear as
condicións socioeconómicas que permitan xerar postos
de traballo, non simplemente vir en campaña a prometer
postos aos emigrantes tras ter destruído emprego durante 15
anos de goberno”.
Quintana explicou que como
presidente substituirá a caridade mal entendida,
desenvolvida pola Xunta, pola intervención social, “que
teña como horizonte equiparar os dereitos sociais e
sanitarios dos galegos da diáspora aos do
interior”.
REUNION CO VICEPRESIDENTE
ARXENTINO
Quintana, tras un encontro cos xornalistas,
mantivo unha reunión institucional co vicepresidente de
Arxentina, Daniel Osvaldo Scioli, quen lle transmitiu os seus
parabéns no seu desexo dun cambio galego a partir do 19 de
xuño.
Pola súa parte, Quintana comprometeuse
a desenvolver dende a presidencia da Xunta unha relación de
Goberno galego ao Executivo arxentino que vaia máis alá
da mera representación protocolaria para chegar a acordos
concretos en materia sanitaria, social e económica, dada a
numerosa colonia de galegos residentes neste País.
O
candidato nacionalista criticou ao líder do PP, Manuel
Fraga, “porque só vén a Arxentina e Uruguai a
pedir votos e apoio, preguntándose que poden facer os
galegos da emigración por el cando a pregunta tería
que ser xusto a contraria”.
Finalizado este encontro,
Quintana, acompañado da Responsábel da emigración
en América, Ana Miranda, e do responsábel local,
Francisco Lores, realizou diversas visitas á Federación
de Asociacións Galegas de Arxentina, ao centro galego e a
asociación civil Fillos de Boiro nunha intensa xornada en
Bos Aires que concluira ás sete da tarde (hora local) cun
acto mítin no Teatro Bamabalinas.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|