ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas

Opinión
Arquivo
Ligazóns
Anteriores


*
Quintana comprométese a crear un seguro sanitario que garanta aos usuarios que as listas de espera de intervencion cirúrxica non superen os 60 días


Redacción, 2 de maio 2005. “O deterioro da asistencia sanitaria pública é un dos maiores fracasos do goberno Fraga”. O portavoz nacional do BNG e candidato á presidencia da Xunta, Anxo Quintana, salientou que o cambio galego debe chegar tamén á sanidade pública, cuxo deterioro asistencial cualificou dun dos maiores fracasos do goberno Fraga.

“O nível asistencial é desastroso e padéceno os usuarios e ademais conleva a desmoralización dos profesionais da sanidade. É un dos maiores fracasos do goberno de Manuel Fraga ao longo destes anos”, declarou Quintana durante a súa visita ao centro hospitalario de Ourense.

O líder nacionalista advogou por centrar o investimento público en políticas sociais, nas que englobou a sanidade, e quixo lanzar unha “mensaxe de ilusión” ao persoal sanitario: “Vai haber un goberno nacionalista que traballará cóbado a cóbado co persoal sanitario para, entre todos, buscar solucións aos problemas actuais”.

“Reducir as listas de espera será –dixo- un dos primeiros problemas a abordar”. Neste sentido, comprometeuse a pór en marcho o que el denominou “Seguro dos 60 dias”, que garantirá aos usuarios que a espera dunha intervención cirúrxica ou xinecolóxica nuna superará os dous meses. “É necesario estabelecer medidas legais que eu exemplifico neste seguro de 60 días e que permitan ao usuario saber que terá atención sempre dentro deste prazo, de non ser así terá dereito a reclamar e ser atendido por outros mecanismos que a administración poña a súa disposición.”

Quintana recalcou que a reducion das listas de espera requiren un esforzo investidor porque non pode ser “unha cuestión de voluntarismo”.

Para o portavoz nacional, o goberno popular presidido por Fraga cometeu “un erro básico” que el corrixirá, dixo, dende a presidencia da Xunta, pois Fraga non tivo en conta que no sistema público sanitario “existe un cualificado capital humano, personal sanitario moi formado, disposto a traballar e que maioritariamente cre no sistema público. Fraga nunca contou con eles”.

Neste sentido, en contraposición, Quintana asegurou que o futuro goberno que levará a cabo o cambio contará co traballo e coas propostas dos profesionais da sanidade pública. “O cambio galego debe traer unha radical e profunda modificación na situación da sanidade que ilusione tanto aos profesionais como aos usuarios cada vez máis descridos e desmoralizados”,concluíu.

Voltar a novas

Ver anteriores