ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas

Opinión
Arquivo
Ligazóns
Anteriores


*
Quintana di que coas súas candidaturas o BNG “se abre á sociedade” e se dirixe non só aos nacionalistas, “senón a un espectro social máis amplo”


Redacción, 2 de maio 2005. O portavoz nacional do BNG e candidato á presidencia da Xunta, Anxo Quintana,  amosouse “moi orgulloso” por ser a formación nacionalista a primeira forza política do país que presenta unhas listaxes nas que “a muller ten a presenza que lle corresponde”.

O líder nacionalista recalcou tamén que a proposta aprobada onte pola Executiva nacional presenta unhas candidaturas abertas á sociedade coas que o BNG quer chegar a un sector social non nacionalista. “O BNG con estas candidaturas ábrese á sociedade, o que significa que non só quer dirixirse ao sector social tradicionalmente apoiante do BNG, senón a un espectro social máis amplo”, explicou Quintana a perguntas dos xornalistas.

Isto explica, salientou, a presenza na candidatura de persoas non militantes do BNG, como Pablo González Mariñas, pola provincia de A Coruña, e Xosé Luís Doval, na candidatura de Ourense.

No primeiro caso, explicou, “é unha aposta do BNG para fusionar na súa proposta galeguismo e nacionalismo, ademais da experiencia de goberno que pode aportar”. No caso de Ourense, dixo, estamos ante “un referente da sanidade pública que representa á cidadanía galega progresista e de esquerdas que hoxe está orfa de representación política e que atopa no BNG o seu referente”.

Voltar a novas

Ver anteriores