|
Publicidade Contacto Novas Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*O
BNG listo para gobernar Galiza
Editorial,
2 de abril 2005. O sábado
o BNG daba o pistoletazo de saída á precampaña
para as vindeiras eleccións galegas, logo de estar presente
nese primeiro mitin de precampaña podo afirmar o que reza
no titulo desta editorial, o BNG está listo para gobernar
Galiza. Os que acudimos o sábado á convocatoria do
BNG puidemos observar a un Anxo Quintana máis respaldado
que nunca. As máis de cincocentas persoas que se xuntaron
no Araguaney receberon a Quintana con berros de presidente!!,
presidente!!.
Até agora sempre se dixo que o BNG era
á mellor opción para gobernar Galiza, sempre foi o
partido coa máis alta intención de voto e o partido
mellor valorado, pero tamén sempre lle faltou un apoio
maioritario dos galegos e as galegas. En ningún outro dos
comicios o BNG partiu dunha situación “aparentemente”
tan favorábel, e digoo así entre aspas pois hai que
ser prudentes. Digo favorábel baseandome no seguinte: Fraga
está xa acabado coma político dia tras día el
mesmo se desacredita coas súas actuacións e coas
súas declacracións, o PP leva 16 anos (con este)
gobernado, a xente xa quere un cambio. Por outra banda está
o PSOE ao que xa se lle está rematando o chamado “efecto
ZP”, e tendo en conta quen son “peixes gordos”
dese partido en Galiza, (mírese Paco Vazquez co seu empeño,
infinitas veces considerado ilegal polos tribunais, de
castelanizar o nome d'A Coruña), por non falar da súa
ipocresía, no estado que por un lado condenaban a guerra
cando eran oposición e por oputro mandan tropas a Haiti e
Afganistán, ou cando deciden gastar unha chea de cartos
públicos en organizar un desfile militar n'A Coruña
para o 29 de maio (mentres falan de “vivendas dignas”
de 30 metros cadrados!)
En definitiva que as outras dúas
forzas que concurren xunto co Bloque á estas esperadas
eleccións galegas, fano cunha grande desventaxa. O BNG
parte como segunda forza no parlamento galego cun cabeza de lista,
Anxo Quintana, amplamente respaldado e lexitimado polo seu
magnifico trabalo no Senado (veto aos orzamentos do estado, por
non seren suficientes para Galiza, Confederación
Hidrográfica do Miño-Sil, etc...). Alén diso
o BNG optou pola renovación dos seus e das súas
candidatos e candidatas (non así o PP-PSOE) así como
unha aposta forte pola mozidade ou o seu compromiso coa reforma do
Estatuto.
A día de hoxe o BNG é novamente a
mellor opción para gobernar o país, eu creo que o é
e creo que non podemos deixar pasar outro tren, Galiza non pode
aguantar outros catro anos máis de goberno Fraga.
Pero
aínda que o BNG parta como mellor opción, para que
logre o goberno da Xunta ten que ter o maoir número de
apoios posibél.
O cambio de goberno que Galiza
precisa depende de nós.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|