|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Galiza
Nova denuncia: o CJE e o Ministerio de Vivenda “tomannos o
pelo”
Redacción
02 de marzo 2006
O
"Consejo de la Juventud de España" e o Ministerio
de Vivenda veñen de lanzar un novo portal en Internet,
denominado "Kelifinder"
("keli" é casa en caló ou en xiria, e
"find", atopar en inglés) onde a principal
novidade é a entrega gratuita de 10.000 zapatillas co logo
do portal para "patearse toda a cidade", e onde, segundo
o Ministerio, se ofrecerá información sobre axudas
en materia de vivenda para a mocidade, que aínda non está
dispoñíbel. Tan só na páxina web,
investiuse a cifra de 140.000 euros.
O
contido humorístico de regalar zapatillas é
dubidoso, pero é que ademáis as competencias sobre
vivenda están transferidas ás Comunidades Autónomas,
de xeito que as axudas ao alugueiro, ou a construcción de
vivendas de protección dependen da Xunta de Galiza e non do
Ministerio. Precisamente, a Xunta remodelou recentemente as axudas
ao alugueiro e ten comprometidas para esta lexislatura a criazón
de 25.000 vivendas en protección, 7.000 delas en réxime
de aluguer. Non ten sentido que o Ministerio pretenda
recentralizar competencias pola vía dos feitos consumados,
cun despilfarro de cartos coma este, para informar do que están
a facer outras administracións.
Mellor sería
que o Ministerio distribuira eses recursos a quen impulsa de
verdade os programas de vivenda para a mocidade, en vez de
gastalos en publirreportaxes autopromocionais con bromas sobre o
elevadísimo prezo da vivenda, inasumíbel para a
maioría da mocidade.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|