ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*
A recollida de asinaturas do PP é un fraude


Redacción 02 de febreiro 2006

"¿Considera conveniente que España siga siendo una única Nación en la que todos sus ciudadanos sean iguales en derechos, obligaciones, así como en el acceso a las prestaciones públicas?"

Esta é a pregunta que o PP pretende someter a referendum a todos os “españois” (as españolas non deben de poder opinar), co gallo de botar abaixo as reformas estatutarias, para iso está a desenvolver unha camapña de recollida de asinaturas virtual que é un fraude: unha soa persoa pode asinar infinitas veces, usando distintos números de DI. Por se iso fora pouco o web Pitido Popular xera números de DI aleatoriamente para que asines tantas veces como queiras.

Esta aberrante campaña que o PP está a desenvolver é un intento máis de confundir aos cidadáns e cidadás. Continúan co vello descurso de “España-Nación”, “España una y no 51”, etc, etc. obviando a vontade e soberanía popular que reside nos Parlamentos Autonómicos. As reformas estatutarias están avanzando e os Parlamntos de Galiza, Euskadi e Catalunya queren un recoñecemeto acorde coa súa realidade, queren un recoñecemento de Nación.

O PP está a ver como o seu descurso cae en saco furado e sácase da manga o do referendum, un referendum que co que se pretende coartar a soberenía do Parlamento catalán, neste caso, imos decidir os galegos cal vai ser o estatuto para Catalunya, ou van decidir en Catalunya o noso??? Isto non parece moi lóxico nin moi democrático.

Pero esta vez o PP foi moi lonxe, esta vez pasáronse da raia, colgan do seu web un formulario para recoller asinaturas que non é que non ofreza garantias, é que é un fraude.

Calquera pode entrar e asinar utilizando múltiples identidades, o web do PP nin rexitra IP's nin rexitra as identidades dos que votaron, nin nada, tan só comproba que a letra do NIF se corresponde co número.

E como calificar o feito de que exista un web en apoio a esta campaña (Pitido Popular) na que se poden copiar números de NIF corrctos para votar infintiadas veces?? Vergoña, é unha auténtica vergoña.

Xa por último en ArroutadaNoticais.com queremos respostar á pegunta que nos fai o PP:

Non, non consideramos convinte que o Estado español nos siga a negar por máis tempo a nosa condición nacional. Galiza é unha nación e temos o dereito e a responsabilidade de exercer como tal.


Fonte: Código Cero.

Voltar a novas

Ver anteriores