ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*A AI advirte que o virus Kamasutra está preparado para atacar o día 3 de cada mes


Redacción 02 de febreiro 2006 A Asociación de Internautas advirte no seu web que o virus
W32.Blackmal.E@mm, máis coñecido como Kamasutra esta reactivado e listo para atacar mañá mesmo (e todos os 3 de cada mes). Este verme reprodúcese a través do correo electrtrónico usando o protocolo SMTP. O Kamasutra mostra imaxes pornográficas mentres se reproduce no computador e se reevia a todos os contactos do usuario.

Este verme no momento de instalarse, crea un arquivo .zip utilizando o mesmo nome do arquivo do que provén. Posteriormente esconde os documentos que contén para operar.

Ten a capacidade de deshabilitar antivirus, firewalls e destruir arquivos incluíndo documentos de Office cada tercer día de cada mes, polo que estaríamos falando dun forte ataque o próximo vernes 3 de febrero (mañá).

Asimesmo, este malware responde tambén ao alcume -WORM_NYXEM.AJ, Nyxem-E, 32/MyWife.d@MM, W32/Small.KI@mm, Tearec.A ou WORM_GREW-. Este verme afecta ao sistema operativo Windows 2000, Windows 95, Windows 98, Windows Me, Windows NT, Windows Server 2003 e Windows XP.

Symantec Security Response clasificou este verme cola categoría 2 (nunha escala do 1 al 5, na cal 5 é a máis perigosa) a día de hoxe, non embargante, representa unha ameaza de alta distribución para os seguentes días.

Para axudar aos usuarios que foron afectados polo Kamasutra, Symantec Security Response desenvolveu unha ferramenta de corrección: Preme aquí para descargala

Symantec da as siguientes recomendacións aos usuarios:

Elimine os servizos de Internet que non precisa.

Se descubre calquera ameaza, deshabilite esa función até que aplique un parche.

Manteña actualizados os seus parches, principalmente os computadores compartidas ou de uso público.

Cambie periódicamente os seus contrasinais.

Configure o seu servidor para bloquear correos que conteña documentos adxuntos que xeralmente trasladan virus, troianos, vermes, Spam, Phishing, entre outros.

No caso dunha organización, separe os computadores infectados para evitar que se execute software antes de que fora escaneado e estexa libre de ameazas.


Fonte: Código Cero e web da AI.

Voltar a novas

Ver anteriores