ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*
Jorquera celebra que Núñez Feijoo abrace agora a vía do diálogo e pídelle que “continúe por esa liña” e non pola de recoller asinaturas contra a “decisión soberana” doutro Parlamento


Redacción 02 de febreiro 2006 O coordenador executivo empraza ao PP a que despexe as dúbidas e “abandone a liña de confrontación marcada por Génova”.

O coordenador executivo do BNG, Francisco Jorquera, celebra que o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, abrace agora a “vía do diálogo” aberta por Anxo Quintana e pídelle que “continúe por esa liña” e non pola de “recoller asinaturas contra unha decisión soberana adoptada polo 90 por cento do Parlamento catalán”

Através deste comunicado de imprensa, o coordenador executivo do BNG amostra a súa esperanza de que o PPdeG “teña a suficiente intelixencia política para secundar a aposta a favor da unidade das forzas políticas galegas realizada por Anxo Quintana na recente Declaración de Rianxo”.

Jorquera considera que “sería conveniente” que o PPdeG despexe definitivamente as dúbidas e diga con quen está realmente, “se cos estremistas que dirixen Génova ou cos intereses de Galiza”.

“O congruente coa satisfactoria resposta que Alberto Núñez Feijoo vén de dar á oferta de diálogo e colaboración feita polo Vicepresidente do Goberno galego o pasado 24 de Xaneiro é que o PPdeG abandone de vez a liña de confrontación marcada por Génova”, conclúe o coordenador executivo.


Voltar a novas

Ver anteriores