Publicidade
Contacto
|
*28 delegacións convidadas asistirán á XII Asemblea Nacional do BNG
Redacción 01 de decembro de 2006 A apertura e a clausura da Asemblea Nacional do BNG contarán con numerosos convidados e convidadas en representación de organizacións doutras nacións e organizacións galegas. En concreto, haberá 16 delegacións internacionais e 12 de organizacións galegas.
Delegacións convidadas de fóra de Galiza
Acudirán representantes de Convergència Democrática de Catalunya, Unió Democrática de Catalunya, Esquerra Republicana de Catalunya, Partido Nacionalista Vasco, Eusko Alkartasuna, Coalición Canaria, Partit Socialista de Mallorca, Unió Mallorquina, Partido do Bierzo, Partido Comunista Portugués, Bloco da Esquerda (Portugal), Fronte Polisario (Sahara Occidental) e Fronte Popular para a Liberación de Palestina. Ademais asistirán delegacións dos consulados de Cuba, Venezuela e Uruguai na Galiza.
Delegacións de organizacións galegas
Estarán representadas, así mesmo, organizacións sindicais, culturais e sociais como a Confederación Intersindical Galega (CIG), Sindicato Labrego Galego (SLG), Comités Abertos de Facultade (CAF), A Mesa pola Normalización Lingüística, Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), Associaçom Galega da Língua (AGAL), Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega), Federación de Asociacións Culturais, Confederación Galega de Minusválidos (Cogami), Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galiza e Organización Galega de Comunidades de Montes.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|