Publicidade
Contacto
|
*A Concellaría de Xuventude e Normalización Lingüística de Betanzos impartirá un obradoiro de blogs
Redacción 01 de decembro de 2006 Este mes de decembro comezará o programa de formación de cursos de informática organizado pola Concellaría. O primeiro destes cursos de será o obradorio de blogs, ou bitácoras, páxinas persoais de fervente actualidade onde os usuarios poden contar as súas experiencias e as súas iniciativas a través da internet.
O obradoiro de blogs durará 30 horas e os seus destinatarios son mozos e mozas de 15 a 30 anos con coñecementos informáticos a nivel de usuario.
Co programa de cursos de informática a Concellaría pretende dar resposta ás demandas de formación recollidas na Oficina de Información Xuvenil. Ademais da formación da xente nova nas novas tecnoloxías búscase achegar ferramentas gratuítas (software libre en galego) coas que os mozos poidan desenvolverse sen maior custo no mundo da informática.
OBRADOIRO DE BLOGS (BITÁCORAS)
Día: sábado 16/12/2006
Hora: 10.00
Lugar: Aula de informática. Complexo Cultural San Domingos
Rúa Emilio Romay, s/n – Concello de Betanzos
Inscricións: Oficina Municipal de Información Xuvenil
Prazas: limitadas
Organiza: Concellaría de Xuventude e Normalización Lingüística
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|