|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión ForoNOVO!!! Arquivo Ligazóns
|
*O
Grupo parlamentar do BNG impulsará a ponencia do novo
Estatuto de Galiza no vindeiro período de
sesións
Redacción,
01 de setembro
2005
O portavoz e o coordenador do Grupo parlamentar do BNG,
Carlos Aymerich e Bieito Lobeira, presentaron hoxe no Parlamento
galego as liñas de actuación desta forza política
para o vindeiro período de sesións.
Aymerich
avanzou que os traballos en ponencia para a elaboración do
novo Estatuto de Galiza será unha das prioridades do grupo
nacionalista na Cámara galega.
Asemade, produciránse
comparecencias dos conselleiros e conselleiras do BNG para
explicar en sede parlamentar as liñas directrices dos seus
departamentos e se establecerán contactos permanentes con
organizacións sociais e colectivos para trasladar ao
Parlamento as súas inquedanzas e intereses.
Carlos
Aymerich asegurou que na vindeira lexislatura o traballo
parlamentar estará suxeito á lealdade do acordo de
goberno e ao seu cumprimento.
A preguntas dos xornalistas
sobre as declaracións da deputada Laura Seara sobre a
proposta dun salario de 600 euros para as mulleres maltratadas
feita polo Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, o portavoz do
BNG reclamou unha rectificación pública por parte da
deputada e do grupo socialista, así como a súa
desautorización pois "é un precedente moi
negativo e, polo momento, esa rectificación e
desautorización están pendentes".
Neste
sentido, engadiu que "Laura Seara debe reler a Lei Integral
da Violencia de Xénero, que recolle medidas menos xenerosas
que as propostas polo Bloque Nacionalista Galego dende o
Goberno."
O portavoz parlamentar zanxou a cuestión
advogando porque non se volvan a repetir este tipo de situacións,
a pesar, dixo, " das diverxencias que poida haber entre as
dúas forzas" e que deben ser resoltas en sede
parlamentar.
Sobre o encontro entre José Luís
Rodríguez Zapatero e Emilio Pérez Touriño,
Aymerich agarda que non se reduza a meras promesas sen efecto como
ocorría co Partido Popular e que nesta ocasión
"esteamos noutra etapa e traballemos para que as promesas se
materialicen e concreten en feitos reais".
Aymerich
afirmou que o BNG "non se vai contentar con promesas e
esixirá cartos e solucións nos orzamentos do 2006
para os problemas e demandas pendentes de Galiza como o
ferrocarril, o saneamento de augas residuais, de políticas
de emprego, ou servizos sociais".
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|