|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*O
BNG e a equipa reitoral da UdC coinciden na necesidade de reforzar
o SUG
Redacción
01 de marzo 2006
O
deputado Pablo González Mariñas e o secretario de
Comunicación do BNG, Xoán Carlos Bascuas,
conversaron hoxe durante hora e media co reitor da Universidade da
Coruña (UdC), Xosé María Barja, e o
vicerreitor de Profesorado, Xosé Luís Armesto
Barbeito.
Esta
reunión, que se enmarca na campaña de presentación
do texto articulado do Novo Estatuto do BNG, serviu para tocar
temas de política universitaria, entre eles a necesidade de
reforzar a distintos efectos o sistema universitario galego.
No
encontro tratáronse as cuestións da adaptación
ás novas normativas europeas; do financiamento ou do papel
dos colexios profesionais á hora de habilitar para o
exercicio do traballo. González Mariñas resaltou
como o Novo Estatuto proposto polo BNG inclúe competencias
exclusivas para as universidades galegas, como a organización
de posgraos.
Durante a reunión, que transcurriu en
termos moi cordiais, tamén se trataron cuestións de
política xeral, incluíndo as liñas básicas
do proxecto estatutario nacionalista. Dese xeito, o BNG recibiu as
suxestións dos representantes da UdC, como vén
facendo respecto a todos os colectivos sociais.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|