ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*
Verquidos ao Miño outra vez


Redacción 01 de marzo 2006 O sábado pasado, un novo vertido foi detectado no río Miño procedente (segundo confirmación da propria policia local na prensa) do colector de augas pluviais da zona de Carrefour. Aínda que nesta ocasión o vertido non chegou á magnitude de ocasións anteriores, trátase de vertidos reincidentes que non poden quedar sen investigar a fondo para, por unha parte, sancionar a infracción no seu grado máximo e, por outra, obrigar ao infractor a tomar todas as medidas necesarias para impedir novos vertidos ao río.

Na opinión de ADEGA, tanto, por parte das autoridades locais, como da Inspección autonómica e da Confederación Hidrográfica debese levar a cabo unha investigación exhaustiva destes vertidos con vistas a determinar, con total seguridade, as causas, as responsabilidades e os responsábeis dos mesmos para, en consecuencia, propoñer cantas medidas tendentes a evitalos sexan necesarias.

Esta reiteración de vertidos ao Miño tén que servir, por outra parte, para reflexionar sobre a idoneidade desta instalación nas beiras do río, tanto por ocupar unha zona que, dende o principio, debera de haber estado incluída (como zona verde que era) dentro da zona do Plan Especial de Protección do Río Miño (no Plan de Urbanismo actualmente en tramitación tén o goberno municipal a ocasión de recuperar a recalificación destas beiras do río como zona verde a incluir dentro do PEPRIM), como polo mái elevado risco de vetido e de contaminación. Tamén debera de servir esta reiteración de vertidos ao Miño para que a Confederación Hidrográfica, as autoridades locais e máis a Consellería de Meio Ambiente empecen por impedir a ubicación dentro deste recinto comercial desa gasolineira que actualmente está en tramitación a solicitude de Carrefour: por estas razóns de índole ambiental, pero tamén por razóns de seguridade nunha área de gran afluencia de visitantes.


Voltar a novas

Ver anteriores