ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Arroutada Internacional

Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*Nunca digas «nunca Hamas»


Redacción 01 de febreiro 2006 Por Gabriel Ezkurdia. O Occidente «democrático» está perplexo. Proclive a bendicir os resultados de todo proceso electoral, pese a que no caso palestino desenvolvéronse baixo ocupación, os occidentais sempre aplaudiron calquera comicio que «vertebre a democratización» para o asentamiento de presuntos gobernos-sucursal. Esta vez non.

Turulato porque de vez desfíxose o marrulleiro escenario sobre o que se foron «construíndo todos os procesos de paz de Oriente Medio» que tan bos réditos daban a Israel na súa expansión sen tregua, a EEUU na lexitimación do seu discurso xenérico antiterrorista e á UE no seu negociete «coas axudas á ANP», base da súa falaz imaxe de «neno que non rompeu un prato» ao que «non lle deixan facer».

Acabouse. Hamas, o grupo que Israel instrumentalizou a modo de pequeno submarino durante a primeira Intifada para debilitar ás formacións laicas e de esquerda nacional palestinas, que lideraban o levantamento, converteuse ás caladas, no lexítimo interlocutor nacional da Resistencia palestina, para desgusto dos seus otrora manipuladores.

A que denominan como «organización terrorista» é agora, moi ao pesar de todos, quen vai marcar a praxe da axenda. E por iso, porque atçe agora Hamas demostrou unha capacidade de pragmatismo real, pero que non ten nada que ver coa renuncia aos principios que é o que se lle suscita como «necesario pragmatismo», parece que terminaron, para o tandem Israel-EEUU, os tempos da ameaza coactiva «democrática» para «negociar» sobre propostas mentirosas como as de Madrid ou Oslo ­nunca cumpridas­. Terminaron os tempos nos que os procesos de paz eran instrumentos tácticos para vertebrar novas fases expansivas sionistas de «baixa intensidade» e máis coartadas desmovilizadoras en pos do sempre inminente «Estado palestino» nos Territorios, tan amentado que xa nada di. Terminaron os tempos do maniobreo sharoniano en torno á desprestixiada e instrumentalizada «Folla de Ruta» que buscaba a guerra interpalestina e a autodestrucción da Resistencia. Agora, o pobo palestino utilizou as «eleccións votocráticas» que sen ningunha garantía democrática convocaba a ANP por imperativo exóxeno, para seguir «xestionando democráticamente» o lánguido e putrefacto desastre da ANP, na acción máis «terrorista» imaxinábel, dando ao verdadeiro «estado» palestino, o poder simbólico da ANP a Hamas, «a organización terrorista».

O verdadeiro estado

Así é, Hamas é o verdadeiro estado palestino. O estado en marcha, o que funciona, cos seus impecábeis e nada sectarios servizos sociais, educativos, sanitarios. Coas súas «forzas armadas», as súas relacións internacionais, os seus tratados de cooperación. Un estado de facto, que na auga da corrupción xeneralizada da ANP, da inoperancia pseudoburocrática extrema, do entreguismo coxunturalista dos líderes da vella garda de Fatah, é puro aceite impermeábel. A impecábel traxectoria xeral de Hamas, o feito de que por primeira vez acepte participar de pleno nun «proceso electoral» no que nunca creu, e os esforzos mastodónticos dos «vellos de Fatah» por evitar como líder máximo postarafatiano do popular e reivindicado preso Marwan Barghouti, única alternativa popular que puidese facer sombra á apisonadora verde, foron as claves do «atentado» electoral. Hamas foi o voto útil que arrastrou votos de moi diversos ámbitos sociolóxicos e políticos, é a «OLP do século XXI», só que máis homoxénea, disciplinada e sobre todo teocrática. E ante o novo escenario que regenera os parámetros reivindicativos e de evolución dun hipotético «proceso de paz» partindo da nova interlocución que protagonizará Hamas, probabelmente desde unha posición de converxencia e concentración nacional con outras forzas resistentes, as interpretacións occidentais seguen sendo prosionistas.

Deixando en evidencia o dobre raseiro sistemático polo que dan por bos uns resultados ou outros en función dos seus intereses, esixen renuncias e ameazan con retirar «fondos e axudas» á ANP, insultando así ao electorado palestino, que masivamente aprobou os criterios de interpretación que do conflito fai Hamas, e raiando o ridículo, xa que cegos de prepotencia, non son conscientes de que Hamas xa ten recursos e axudas internacionais estructuradas como para atenuar ese propagandístico «fin das axudas europeas», e vertebrar así a «nova ANP» con outros financiamentos.

A vitoria de Hamas é trascendental para a vertebración dun verdadeiro Proceso de Paz, alleo á axenda e ao fracasado ciclo impositivo que tralo 11-S han protagonizado Israel e EEUU, coa súa lóxica «preventiva», e que podemos intuír no caos iraquí, o despropósito afgano, o fogueo barato cara a Irán e a propia evolución de Oriente próximo. Por agora xamais negociarán ou dialogarán con Hamas. No seu tempo tampouco habían de facelo co siniestramente asasinado Arafat. Por certo, ¿a quen votaría? -

(*) Gabirel Ezkurdia é analista internacional.

Fonte:
Rebelión, foto: Diário Vermelho.


Voltar a ArroutadaInternacional


Ir a Novas

Ver anteriores