ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Arroutada Internacional

Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*
A Plataforma Palestina Ahora reclama a Suspensión do Acordo de Asociación entre a UE e Israel



Redacción 01 de febreiro 2006 Mentres os Gobernos europeos definen a súa posición sobre o futuro Goberno palestino, Israel segue construíndo colonias en terra palestina, o Muro avanza e, anúnciase, a apropiación de recursos económicpos propiedade da autoridade palestina.

A Plataforma Palestina Ahora reclama ao Goberno español que ante eses atropelos reais, visíbeis e confirmados, como o revela o Informe da Misión en Xerusalén Oriental, efectuado polo Corpo diplomático europeu, reclame do resto dos países europeus a suspensión do Acordo de Asociación entre a Unión Europea e Israel ao vulnerarse o artigo 2 de devandito Acordo.

Ademais, e seguindo o Código de Conduta suspéndase calquera intercambio de armas por ser Israel un país invasor.

Por outra banda, a Plataforma Palestina Ahora cre desafortunadas as ameazas que está recibindo o pobo palestino antes e logo das eleccións que houbo lugar en parte da Palestina ocupada.

Considera que o pobo palestino fixo un exercicio democrático, malia as restricións impostas pola potencia ocupante, tanto en Xerusalén, como no uso dos múltiples controis e a imposibilidade de que a Autoridade Palestina puidese ter soberania en partes da Palestina ocupada pola penetración en Cisxordania do Muro, construción que a Asemblea das Nacións Unidas e a Corte Internacional de Xustiza reclaman que se derribe e que a comunidade Internacional ten que a asegurar o respecto de Israel á lexislación internacional humanitaria como está expresado na IV Convención de Xenebra.

Considera que a comunidade Internacional, a Unión Europea, incluíndo o Estado español, debe redoblar esforzos para facer que Israel cumpra as múltiples resolucións e o dereito internacional e cese a ocupación, cuestión que é o fondo do problema da inestabilidade da rexión e do sufrimento do pobo palestino.

Reclama que se intensifique a axuda ao pobo palestino e que se esixan reparacións a Israel pola infraestructura e bens doados polos países europeus ao pobo palestino e que foron periódicamente destruídos pola potencia ocupante.


Fonte:
Rebelión.


Voltar a ArroutadaInternacional


Ir a Novas

Ver anteriores