|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*A
xornalista Montserrat Domínguez inaugura o venres as
actividades deste curso da `Aula de Prensa´
Redacción
01 de febreiro 2006
A xornalista Montserrat Domínguez, que dirixe
e presenta o programa de actualidade “Ruedo Ibérico”,
en Antena 3, será este curso a primeira convidada no
programa de actividades da Aula de Prensa, organizado
conxuntamente pola vicerreitoría de Extensión
Universitaria e Comunicación e o Colexio Profesional de
Xornalistas de Galicia.
A
xornalista ofrecerá unha conferencia titulada “Yo
informo, tú opinas: las mañanas informativas en
televisión”. O acto terá lugar o próximo
venres, día 3 de febreiro, ás 20.00 h., no salón
de actos do Centro Universitario de Riazor.
Domínguez,
madrileña de 43 anos, é licenciada en Ciencias da
Información pola Universidade Complutense e máster
en Xornalismo pola Universidade de Columbia. Ao longo da súa
traxectoria profesional salienta o seu traballo en RNE, a axencia
EFE, Canal+ e Tele 5, canle na que asumiu en 2001 a dirección
e presentación de “La mirada crítica”.
En setembro de 2004 fichou por Antena 3, onde dirixe e presenta os
programas informativos “Las noticias de la mañana”
e “Ruedo Ibérico”.
A Universidade da
Coruña e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
comezaron a súa colaboración na organización
de actividades culturais o pasado curso académico 2004-2005
cunha conferencia de Jon Sistiaga.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|