Publicidade
Contacto
|
*O queixo Tetilla Larsa premiado en Londres como un dos mellores queixos do mundo
Redacción 29 de marzo de 2007 O Tetilla DO de Corporación Alimentaria Peñasanta S.A. baixo a súa marca Galega Larsa, foi galardoado no certame mundial 'World Cheese Awards', que se celebra cada ano en Londres e ao que concurriron 2.500 queixos procedentes de todo o mundo.
'World Cheese Awards' celébrase anualmente dentro do marco da Feira Internacional de Alimentación de Londres, premiando os mellores queixos de cada unha das sesenta e dúas categorías. O xurado está formado por máis de 130 prestixiosos expertos no mundo do queixo a nivel internacional e que logo de 3 roldas de catas e deliberacións, seleccionan aos ganadores.
O queixo Tetilla Larsa competiu na categoría de Queixos Brandos de Vaca con outros de moi diferente orixe, especialmente queixos europeos de recoñecido prestixio como Mozzarellas, Gruyére, Brie, etc.
O Tetilla DO, buque insignia dos queixos con Denominación de Orixe para a Marca Larsa, é o queixo mimado da fábrica de Vilagarcía de Arousa, onde se elabora mantendo os procesos tradicionais e coidando ao máximo as súas características organolépticas e elaboración.
Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A é un dos principais produtores de Queixo Tetilla DO en dous formatos de 1,200 e 850 g.
O premio supón un recoñecemento a nivel internacional da excelencia dos queixos galegos, un novo recoñecemento para o Tetilla Larsa, recentemente galardoado na última edición nos Premios Cincho e finalista na IV edición do Gourmet Quesos.
LARSA "Elixe como Coidarte"
LARSA é unha marca que ofrece produtos actuais para as galegas e galegos de hoxe, elaborados coa calidade e tradición de sempre e que contribúen a manter unha vida sa e equilibrada.
Durante o ano 2006 a marca LARSA sufriu unha modernización no seu posicionamento como a marca saudábel de Galiza que se adapta aos novos estilos de vida das consumidoras e consumidores.
CARACTERÍSTICAS DO TETILLA LARSA
Queixo Tenro elaborado con Leite pasteurizada de vaca de acordo á Regulamentación da Denominación de Orixe do Queixo Tetilla.
Ingredientes: Leite pasteurizada de vaca, callo, sal e fermentos lácticos.
Denominación: Queixo graxo madurado con leite pasteurizada de vaca.
Organolépsia: Sabor suave, láctico, acidulo e graxo ao padal. Presentado cunha cortiza fina, elástica e de suave cor amarela. A súa pasta é branda, cremosa, de cor marfil e con poucos ollos regularmente repartidos.
Composición: Materia Graxa en E.S. min. 45%. Extracto seco Total min. 45%.
Curación: entre 2 e 3 semanas.
Presentación: Queixo cónico espido.
Voltar á Portada
Ver anteriores |
Publicidade:
|