ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*Completada a tradución do Gmail ao galego

Chuza! esta nova!
Redacción 27 de marzo de 2007 Despois de que onte alertáramos do retraso na tradución do Gmail (o servizo de correo electrónico de Google) as e os internautas galegos puxéronse a traballar e remataron coa tradución. Agora só falta revisar os erros e que Google lle de o visto e prace á tradución.

Desde ArroutadaNoticias.com quermos que o Gmail -así coma todos os produtos Google- estexan canto antes en galego polo que estamos "petando en todas as portas" para acelerar o proceso. Enviámoslle un correo a mancomun.org solicitándolle que se encargaran da revisión e corrección desta tradución, pois como xa comentábamos onte as incongruencias e os erros ortográficos son numerosos.

Se queres colaborar nesta corrección recomendámosche que contactes con mancomun.org (softwarelibre@cesga.es). Tamén podes enviarlle un correo ao servizo de traducións de Google (translation-services@google.com) pedíndolle que habiliten a tradución.

O enderezo onde se fan as traducións de Google é o seguinte: https://services.google.com/tcbin/tc.py (tes que ter unha conta en Google para acceder) alí atoparas outros produtos de Google aínda en fase de tradución como o Google Groups, Orku, Picasa2... tamén desde alí podes acceder ás traducións xa feitas para correxilas.

Agradecemos a toda a comunidade internauta que difundiu a información publicada onte e que seguro que fixo posíbel e fará que pronto disfrutemos do Gmail e de outros produtos Google en galego. En especial a codigocero.com, ciberirmandade.org, mancomun.org, chuza.org e ao foro deste casa.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com