Publicidade
Contacto
|
*A Vilagarcía Basket Cup preséntase cun novo reto co cambio de recinto e o Torneo de Base "Fundacion Deporte Galego"
Redacción 26 de marzo de 2007O director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez Olveira, asistiu hoxe á presentación da Vilagarcía Basket Cup, que este ano conta co aliciente de que o torneo internacional sub 20 celebrarase no recinto feiral de Fexdega, para así poder acoller a máis xente nas súas bancadas.
No acto oficial de presentación do evento, que se celebrará entre os días 5 e 7 de abril, o presidente do comité organizador, Alberto Blanco, destacou a gran aposta deste ano no que "disporemos de 8.000 metros cadrados á nosa paixón, o baloncesto". Será un salón do baloncesto, con tres canchas para as máis pequenas e pequenos, unha cancha central para o torneo oficial e unha zona de ocio, para así acoller á toda a familia.
Así, ademais do torneo oficial, no que xogará por vez primeira a selección Galiza Xove, disputarase a Basket Cup de base "Fundación Deporte Galego", na que participarán case cen equipos de toda Galiza e máis de 1.100 xogadoras e xogadores, todo un reto para a organización e unha aposta da Dirección Xeral para o Deporte e da Fundación Deporte Galego, que patrocinan este trofeo de base. Neste sentido, Santiago Domínguez indicou que "a edición deste ano da Vilagarcía Basket Cup é todo un soño e dos que nos gusta, porque ademais de ser un gran evento a nivel internacional está feito pensando na base e no futuro e eses son os grandes eventos polos que debemos apostar".
No acto de hoxe tamén participou o ex xogador de baloncesto Anicet Lavodrama, que será o padriño do torneo e que destacou a necesidade de que Galiza recupere a súa presenza na ACB: "Hai uns anos, Galiza tiña tres equipos na ACB e hai que traballar para volver a telos".
Voltar á Portada
Ver anteriores |
Publicidade:
|