ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*Ano e medio despois do anuncio da tradución do Gmail ao galego aínda non está dispoñíbel
· Español e catalán xa están dispoñíbeis no menú do Gamil

Chuza! esta nova!
Redacción 26 de marzo de 2007 Gmail é o servizo de correo electrónico de Google e como todos os produtos do buscador máis popular da rede son traducidos a base de voluntarios. O Gmail leva funcionando dende o 2004 e está dispoñíbel en 42 idiomas diferentes até o momento -español e catalán entre eles-. Ano e medio despois de anunciarse a saída da tradución ao noso idioma aínda non está dispoñíbel.

A noticia do lanzamento da tradución ao galego do Gmail publicouse o 2 de setembro de 2005 no xornal electrónico Vieiros.com (ver noticia) logo de que este mesmo xornal denunciara a inexistencia da tradución. Ano e medio despois desta nova Google aínda non deu por rematada tradución desta ferramenta ao galego, dous dos tres apartados nos que está dividida a tradución están completamente traducidos e o terceiro está nun 84%.

Hai que lembrar que a tradución faise a base de voluntarios e pode que sexa un dos motivos de tanto retraso. Unha vez que se remate ese 16% que falta Google ten que revisar e aceptar a tradución polo que aída imos ter que agardar para poder desfrutar deste servizo na nosa lingua.

Desde ArroutadaNoticias.com animamos a todas aquelas persoas con coñecementos de inglés e de galego a que se pasen a revisar o xa feito (pois existen algunhas traducións con erros ortográficos) e completar as mensaxes que faltan. O único que se precisa é ter unha conta de Google que se pode abrir de balde alí mesmo.

A ligazón para ir ao servizo de traducións de Google é esta: https://services.google.com/tcbin/tc.py

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com