ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*Xornada de software libre para empresas en Betanzos

Chuza! esta nova!
Redacción 26 de marzo de 2007 O vindeiro martes 27 terá lugar no Concello de Betanzos un obradoiro dirixido ás empresas de Betanzos sobre o software libre e as súas vantaxes. O obradoiro está aberto a todas aquelas persoas que teñan interese en coñecer ferramentas informáticas de libres que axuden a desenvolver os labores diarios das empresas galegas abaratando ou eliminando os gastos en programas informáticos.

Este obradoiro enmárcase dentro dun programa de difusión do software libre que desenvolve a Consellería de Innovación e Industria na comarca betanceira. O obxectivo deste programa é achegar ao ámbito empresarial o coñecemento dos recursos informáticos elaborados para o sector das PEMES.

Obradoiro de software libre para empresas
Día: martes 27/03/2007
Hora: 20.30
Lugar: Aula de informática. Complexo Cultural San Domingos
Rúa Emilio Romay, s/n - Concello de Betanzos
Información: Servizo de Normalización Lingüística

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com