Publicidade
Contacto
|
*Case 6.000 persoas desfrutaron da música de Fito&Fitipaldis onte en Lugo
Redacción 25 de marzo de 2007 Onte actuaba Fito Cabrales e a súa banda os Fitipaldis en Lugo. Era un dos dous concertos da súa xira Por la boca vive el pez en Galiza, o venres foi en Ourense. Logo de arrasar o pasado novembro en Vigo e A Coruña, agroa tocáballe o turno a Ourense e Lugo. E Así foi, onte o Pazo Provincial dos Deportes de Lugo facíase pequeno. Case 6.000 persoas acompañaron a Fito durante aproximadamente dúas horas.
Dúas horas nas que tocaron as cancións do seu último disco Por la boca vive el pez así como os éxitos dos díascos anteriores.
Outras tantas persoas puideron velo venres en Ourense. En total foron catro os concertos que Fito deu en Galiza dentro da súa xira Por la boca vive el pez, contando con unha moi boa acollida entre o público
Co concerto de onte Fito&Fitipaldis despídense de Galiza, agardamos que volten pronto.
Voltar á Portada
Ver anteriores |
Publicidade:
|