ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*Vilagarcía transmite unha imaxe tolerante, aberta e sen complexos grazas ao seu salón erótico
· O novo horario de SEDA atraeu ao recinto máis de 14.000 visitantes
· Na vindeira edición darase maior protagonismo ao público na organización do certame


Chuza! esta nova!
As cifras:
-100 espectáculos diarios
-14.000 visitantes
A crítica do público:
-Se saes do recinto tes que mercar unha nova entrada para poder entrar
A crítica de Arroutada:
-Poucos stands e número reducido de actividades alternativas aos espectáculos
O mellor:
A organización a seguranza e o bo ambiente (resultado cero incidentes)
Redacción 19 de marzo de 2007 Ambiente relaxado, amigábel e curioso, e ausencia total de incidentes foron algunhas das notas dominantes da segunda edición do Salón Erótico do Atlántico, SEDA, clausurado a pasada media noite no recinto de Fexdega, en Vilagarcía de Arousa.

Máis de 14.000 persoas visitaron o Salón Erótico durante os últimos tres días, e puideron gozar dos máis de 100 espectáculos diarios realizados por medio centenar de artistas, 16 deles moi destacados no panorama internacional do erotismo. Esta cifra supón porcentualmente un importante incremento xa que nesta ocasión, SEDA estreou novo horario con respecto á pasada edición.

O salón pechou as súas portas, e mañá mesmo iníciase o proceso de preparación da próxima edición, na que se reforzarán contidos, cun obxectivo fundamental: interactuar co público, dándolle maior protagonismo e recollendo as súas achegas e ideas, utilizando as novas tecnoloxías.

Entre esas novidades inclúese a celebración dunha Gala de Fotografía Erótica, na que un xurado especializado elixirá as mellores instantáneas que aporten os afeccionados ao longo de todo o ano.

A organización destacou o bo ambiente vivido no recinto, que rexistrou unha importante presenza de público heteroxéneo, destacando a visita de moitas mulleres, soas ou en grupos e de moitas parellas de mediana idade.

As primeiras estimacións cifran en torno a un 40 por cento a porcentaxe de público feminino, que nesta ocasión puido gozar de numerosos espectáculos dirixidos a ese sector.

Nese sentido o director artístico de SEDA, Conrad Son, xa adiantou que na terceira edición seguirase na liña de incrementar as actuacións e actividades dirixidas ao público feminino.

Na xornada de onte, domingo, celebráronse dúas conferencias, unha sobre fetichismo a cargo de Minerva Pons e outra sobre a vida dunha actriz erótica, ofrecida por Evita de Lúa, a imaxe da feira. Tamén se presentou o proxecto da primeira longametraxe porno galega, que dirixe Fernando Fernández.

Ademais dos espectáculos, os visitantes de SEDA puideron coñecer as novidades deste sector nos stands nos que se ofrecían artigos de lencería e os habituais en sexshops, portais de Internet, zona de tatuaxes, etc.

Máis información en www.salonseda.com

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com