ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Internacional

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns


*Evo Morales anticipa que podería convocar a eleccións
· O Presidente boliviano asegurou onte que se a Asemblea Constituínte termina este ano de modificar o texto constitucional cos cambios previstos, convocará a novas eleccións

Chuza! esta nova!
Redacción 17 de marzo de 2007 Evo Morales, primeiro indíxena elixido nas urnas en decembro de 2005 como presidente de Bolivia, iniciou o seu goberno o 22 de xaneiro de 2006 e no seu propósito de modificar as estruturas do país andino optou polo funcionamento desde o 6 de agosto de 2006 e durante un ano dunha Asemblea Constituínte que debe elaborar a nova constitución política de Bolivia. O presidente andino asegurou que convocará novas eleccións se os traballos da Constituínte rematan este ano.

O presidente boliviano dixo que se a Asemblea Constituínte termina este ano a reforma para "refundar" o seu país, el deberá convocar a eleccións un ano despois. Evo, asumiu en xaneiro de 2006 e o seu mandato remata no 2011. A Asemblea Constituínte deberá traballar até o 6 de agosto deste ano en Sucre, capital política de Bolivia.

"Quédame un curto tempo de goberno", dixo Morales onte nunha concentración que se realizou en Warnes, poboado localizado a uns 800 quilómetros ao leste da Paz.

Evo Morales, quen foi o primeiro indíxena elixido nas urnas en decembro de 2005 como presidente de Bolivia, iniciou o seu goberno o 22 de xaneiro de 2006 para un mandato constitucional de cinco anos que deberá finalizar en xaneiro de 2011.

Pero no seu propósito de modificar as estruturas do país andino optou polo funcionamento desde o 6 de agosto de 2006 e durante un ano dunha Asemblea Constituínte que debe elaborar a nova constitución política de Bolivia. Unha constitución máis inclusiva, que outorgue máis dereitos ás comunidades indíxenas e que reflicta os reclamos que levaron a Evo á Presidencia.

"Autoridades electas de municipios, departamento e nacional, temos curto tempo (para gobernar)", dixo Evo. Logo agregou que "ese curto tempo hai que aproveitalo moi ben servindo ao pobo, porque entendo que a política é unha ciencia de servir ao pobo; non servirse do pobo".

Morales reiterou que este ano debe concluír o traballo da Asemblea Constituínte. "O noso pedido é que acabe este ano, se acaba este ano; ao ano ten que haber unha nova elección para que haxa novo presidente".

Igualmente, non caben dúbidas que de haber unha nova elección no curto prazo, Morales impoñeríase con comodidade, xa que conta con amplo respaldo popular, tralas expropiacións e as reformas encaradas.

Evo foi o presidente que máis votos acadou na historia boliviana.

Fonte: Axencia Walsh

Voltar a Internacional
Ir á Portada
Ver Anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com