Publicidade
Contacto
|
*Mai Al Kaila, Embaixadora Palestina en Chile, amosouse convencida da consecución dun Estado Palestino libre
· No Encontro cos Medios, denunciou a situación que viven os presos e presas políticas palestinas nas cadeas de Israel
Redacción 15 de marzo de 2007 A Embaixadora de Palestina en Chile, a doutora Mai Al Kaila, explicou esta mañá aos Medios de Comunicación asistentes ao Encontro mantido no Club Internacional de Prensa, a realidade do seu pobo, "unha realidade que non sae a cotío nos medios de comunicación, que se oculta, que se descoñece, pero que é necesario coñecelo e falar diso".
Mai Al Kaila en resposta ás preguntas das e dos xornalistas, falou do avance da muller no sistema político e social de Palestina, "acadando un 30 % de cota de participación nas institucións e órganos políticos, e aínda que aínda queda moito por facer, estamos no camiño e dentro do mundo árabe, atrévome a dicir que a sociedade palestina está moito máis avanzada en xeral respecto da integración da muller na vida social e política".
O seu paso polas cadeas israelís foi un dos temas demandados polas e polos xornalistas. A doutora Mai Al Kaila fixo unha breve descrición das torturas físicas e psicolóxicas ás que eran sometidos "e non falo de min, que tamén estiven, senón dos meus irmáns e compañeiros e compañeiras, e nenos, centos e centos de nenos e nenas menores de 16 anos, que están presos e sometidos a incríbeis torturas que contradín totalmente os máis elementais dereitos humanos que rexen en Xenebra".
A plena confianza "na consecución dun Estado Palestino", foi manifestada e reafirmada por Mai Al Kaila, "aínda que eu non o vexa, nós traballamos para os nosos fillos e netos, porque sabemos que a xustiza acabará por poder ao afán de inxustiza que pendura no noso pobo".
Voltar á Portada
Ver anteriores |
Publicidade:
|