Publicidade
Contacto
|
*Fito&Fitipaldis voltará a Galiza os vindeiros 23 e 24 de marzo
· O grupo actuará en Ourense e Lugo, logo do éxito nos seus concertos en Vigo e A Coruña do pasado novembro
Redacción 14 de marzo de 2007 Fito Cabrales, un vasco que está arrasando no pop-rock estatal co seu grupo Fito&Fitipaldis, actuará en Galiza os vindeiros 23 e 24 de marzo en Ourense e Lugo respectivamante, dentro da súa xira Por la boca vive el pez. Máis de 20.000 persoas asistiron aos concertos celebrados en novembro en Vigo e A Coruña.
O 23 será no Pazo Dos Deportes Paco Paz de Ourense ás 20:00 h. e o 24 no Pazo Provincial Dos Deportes de Lugo tamén ás 20:00 h. O prezo das entradas é de 22 €.
A puerta cerrada, (1998); Los sueños locos, (2001); Lo más lejos, a tu lado, (2003), Vivo... para contarlo (2004) e o disco que lle da nome á xira Por la boca vive el pez (2006) son os títulos da súa discografía.
"O meu traballo máis complicado porque cheguei a pensar que endexamais o lograría e, agora mesmo, volvo a ter a sensación de que endexamais poderei volver a gravar outro disco", comenta Fito en relación ao seu último traballo Por la boca vive el pez.
José “Niño” Bruno (bateria), Candy “Caramelo” (baixo), Carlos Raya (guitarras, pedal steel), Joserra Senperena (organo hammond, teclado, acordeon), Javir Alzola (saxo e pandeireta), forman a actual composición dos Fitipaldis.
As entradas para os concertos de Ourense e Lugo están xa á venda, podes adquirilas en:
Ourense: Peggy Records, Centro Comercial "La Región", Auditorio Municipal de Ourense;
Xinzo de Limia: Pub Clan;
Lugo: Tipo Lugo, Don Disco, Muralla Discos.
E tamém en: (para calqeura dos dous)
Santiago de Compostela: Disco Precio, Discos Gong;
Vigo: Elepé;
Pontevedra: Tenda Tipo;
A Coruña: Discos Portobello.
O prezo das entradas é de 22 €.
Máis información en : http://www.fitoyfitipaldis.com/
Voltar á Portada
Ver anteriores |
Publicidade:
|