ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Cinema
Sección coordinada por Bruño Fraga Bugallo

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns


*A terceira xeración, a reflexión de Fassbinder sobre a loita armada, hoxe mércores no Cineclube

Chuza! esta nova!
Redacción 14 de marzo de 2007 Hoxe mércores 14 de marzo, ás 22:00 horas, o Cineclube de Compostela (Santa Clara, 21) proxecta A terceira xeración (Die Dritte Generation, RFA, 1979), do director alemán Rainer Werner Fassbinder. Este filme representa unha arriscada aposta no cinema do director alemán, virado xa daquela para un cinema político máis afastado das billeterías. Difícil de ver, A terceira xeración é considerada hoxe, no entanto, un dos mellores filmes do director do cinema novo.

A terceira xeración á que fai referencia o título é a última fracción da RAF sobrevivinte á súa disolución. Fassbinder, decepcionado polos roteiros que tomaban algunhas persoas coas que compartira militancia ou formación (e, nomeadamente, horrorizado tralo secuestro e morte de Hanns-Martin Schleyer), roda este filme cuxa tese sobre a loita armada alporizou por igual ao estado e os membros da RAF naquela altura. "A primeira xeración fpi a do 68, idealistas que querían cambiar o mundo e imaxinaban que poderían facelo con palabras e manifestacións. A segunda, Baader-Meinhof, pasou da legalidade á loita armada e a total ilegalidade. A terceira é a de hoxe, que simplemente actúa, sen pensar, que non ten ideoloxía nin política e que, seguramente, sen sabelo, déixase manexar por outros como un grupo de marionetas", en palabras do director.

No filme, un empresario informático pretende aumentar as súas vendas en Alemaña mediante o apoio a un grupo terrorista, integrado por varios burgueses de trinta e tantos que viven nunha caótica comuna. A banda, consagrada a unha absurda actividade clandestina, descoñece que son marionetas servís do estado. "Hai tiempo soñei que o capital inventaba o terrorismo para obrigar ao estado a protexelo mellor", di o Comisario Gast, pai dun dos rapaces.

O filme proxectarase na súa versión orixinal con subtítulos ao castelán. A entrada será de balde, puidendo adquirir un bono axuda para colaborar co Cineclube de Compostela.

Voltar a Cinema
Ir á Portada



Creative Commons License
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons.

© ArroutadaNoticias.com