ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Cinema
Sección coordinada por Bruño Fraga Bugallo

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns


*Hoxe luns comeza o prazo para enviar guións ao concurso Compostela Plató de guións para curtametraxes
· Este concurso do IV Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, Curtocircuíto, circunscríbese só ao estado español

Chuza! esta nova!
Redacción 12 de marzo de 2007 Hoxe luns 12 de marzo comeza o prazo de envío de guións de curtametraxes para participar na sección oficial do IV Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela Curtocircuíto 07, e que leva por título Compostela Plató.

Esta é a primeira das actividades programadas no Festival Internacional ata o mes de outubro, data na que se celebra a Semana Oficial: do 16 ó 20 outubro.

Tal como aconteceu xa con Quérote mal e Bechos raros (anos 2005 e 2006), o obxectivo deste concurso é a produción e rodaxe do guión gañador -para o que están destinados 40.000 €- e a súa posterior distribución nunha ampla rede de Festivais nacionais e internacionais. A curta gañadora será estreada na Gala de Entrega de Premios que clausurará o Festival o sábado 20 de outubro.

Até o 27 de abril as autoras e autores nacidos ou residentes no estado español, poderán enviar as súas obras de temática libre, escritas en galego ou castelán e que o 80% dos seus escenarios, interiores e exteriores, poidan estar localizados en Santiago de Compostela.

O xurado, integrado por profesionais do sector, fallará o premio o 14 de maio de 2007, malia que se esperarán 48 horas para que a ou o gañador comunique oficialmente a aceptación ou rexeitamento do premio. A rodaxe da curta gañadora está prevista para a semana do 4 ó 10 de xuño.

As interesadas e interesados en participar, poden consultar as bases e outra información de interese na páxina web do festival www.curtocircuito.org.

Voltar a Cinema
Ir á Portada



Creative Commons License
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons.

© ArroutadaNoticias.com