Publicidade
Contacto
|
*Vigo e a zona de Arousa terán un adianto do Salón Erótico Do Atlántico
· Diversos locais nocturnos acollerán actuacións promocionais da feira de Vilagarcía
Redacción 10 de marzo de 2007 A cidade de Vigo e a zona de Arousa teñen esta fin de semana un adianto do que será a segunda edición do Salón Erótico do Atlántico (SEDA), certame que se desenvolverá en FEXDEGA (Vilagarcía) os próximos 16,17 e 18 deste mes de marzo.
O director artístico de SEDA, acompañado por varios dos artistas que participarán no salón están dende este venres, 9 de marzo, visitando diversos locais nocturnos da cidade de Vigo, comezando sobre as dúas e media para terminar o seu percorrido ás 7 da mañá cun fin de festa con espectáculo especial.
Hoxe, sábado 10, a promoción do salón desenvolverase de novo na cidade de Vigo, desde a unha e media da mañá ata ben entrada a madrugada.
Xa o domingo, día 11, os artistas e o director artístico do salón, visitarán outros locais nocturnos na zona de Arousa.
Deste xeito trátase de presentar unha pequena parte do espectáculo que se ofrecerá durante a celebración do salón, un salón que na súa segunda edición espertou gran interese non só en Galiza senón en todo o noroeste peninsular.
De feito son decenas de chamadas as que recibe a organización de SEDA para coñecer horarios e contidos do salón, que espera superar con fartura as cifras do 2006.
Entre as novidades desta segunda edición do Salón Erótico está o incremento dos espectáculos dirixidos ás mulleres, o que se conseguirá claramente xa que se triplicará o número de artistas masculinos, que pasan dos dous da edición anterior a seis desta ocasión.
En total os escenarios que se habilitarán con motivo do Salón Erótico do Atlántico acollerán a 16 artistas, entre homes e mulleres, entre os que se atopan algúns dos máis destacados do sector erótico internacional.
SEDA constitúese, ademais, como unha plataforma para contactos profesionais e internacionais. Entre outras cuestións non se esquecen as actividades culturais baseadas no erotismo, tales como conferencias, exposicións de arte, presentacións de literatura erótica etc.
Os novos espectáculos estarán estruturados en diferentes actividades entre as que destacan o AEROSTRIP, variante de arobic como fórmula de aunar corpos en forma co erotismo, galas de fetish Glam, pases de películas eróticas e pornos en sesión continua, exposicións fotográficas e conferencias. Non faltarán o casting de actores, un dos grandes éxitos da pasada edición ou o paseo das estrelas onde os fans dos artistas poderán recoller autógrafos e fotografarse con eles.
Para adaptarse mellor á demanda dos visitantes, establécense novos horarios. O venres 16 e o sábado 17, o salón abrirá as súas portas ás seis da tarde e pechará ás 3 da madrugada. Xa o domingo, a apertura será ás catro da tarde e finalizará ás 12 da noite.
O prezo das entradas mantense en 20 euros.
Voltar á Portada
Ver anteriores |
Publicidade:
|