ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*O BNG considera necesaria unha auditoría do Consello de Contas sobre a Fundación Galiza Europa
· Ana Miranda considera que a delegación da Xunta en Bruxelas debería ter un novo estatus

Chuza! esta nova!
Redacción 06 de marzo de 2007 A responsábel da oficina do BNG no Parlamento Europeo, Ana Miranda, pide que o Consello de Contas realice un balance e control sobre a Fundación Galiza Europa en Bruxelas. Considera que se trata dunha "cuestión de normalidade democrática, en especial nun momento no que o Goberno galego pretende facer unha inversión de dous millóns de euros para preparar a futura delegación da Xunta na capital comunitaria".

Esta fundación ten carácter de institución privada sen ánimo de lucro pero está vencellada funcionalmente á Xunta dende 1997, polo que o BNG considera que a nova delegación exterior do goberno galego que se pensa abrir próximamente, debía ter un estatus novo, e compriría con tal fin, realizar unha auditoría e un balance da súa operatividade, antes de realizar e para xustificar se se debe aprobar este investimento, pois a día de hoxe "non se perciben cambios nen nas formas nen na eficacia e resultados".

Ana Miranda criticou o uso partidista que o PP fixo da Fundación Galiza Europa durante os anos pasados en Bruxelas, non servindo aos intereses galegos con neutralidade e non cumplindo os obxectivos de proxección, información e actuación política ao nivel das institucións comunitarias que debería exercer unha entidade semellante e co orzamento do que dispón. O BNG espera que non se consolide unha situación herdada do PP neste importante paso.

"A Fundación Galiza Europa segue con unha política continuísta, non se perciben cambios externamente, nen para o colectivo galego de Bruxelas, con contrastadas opinións de funcionarios comunitarios, nen unha imaxe externa de defensa dos intereses galegos a nivel comunitario que nos permita falar dunha verdadeira embaixada de incidencia política ante a Unión Europea" afirmou a representante nacionalista.

O BNG considera que o decreto do goberno galego que crea a regulación das Delegacións Exteriores é un paso importante na proxección exterior de Galiza, pero non pode permitir consolidar situacións burocráticas e de inoperatividade e lembra que Euskadi e Catalunya xa contan con delegación gubernamental en Bruxelas, incluindo Andalucía dende 1995.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com