Publicidade
Contacto
|
*ArroutadaNoticias.com pecha o mes de febreiro con case 23.000 visitas, 8.000 máis que no mes anterior
· No mesmo mes do pasado ano as visitas apenas pasaban de 5.000
· Estes datos demostran a pouca fiabilidade dos "medidores de popularidade" tipo Alexa
Redacción 01 de marzo de 2007 ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede, pechou o mes de febreiro cun aumento de 8.000 visitas con respecto ao mes anterior, o que supón un total de case 23.000 visitas. Estes datos confirman a boa acollida do xornal que, con apenas dous anos de vida, vai facéndose un oco na rede galega.
En canto ao número de visitantes o incremento é, se cabe máis notábel: 13.258 fronte aos 5.847 do mes de xaneiro. No mesmo mes do ano pasado foron un total de 2.232 as persoas que nos visitaron.
Facendo leitura desde o primeiro mes do que dipoñemos datos, maio e 2005, os incrementos tanto en visitas cona en número de visitantes son contínuos mes a mes pasando de 393 visitantes e 919 visitas en maio de 2005 á actuais 13.258 e 22.755 do mes pasado. Dos incrementos pequenos pero contínuos durante 2005 (variacións de 100) pasamos ao salto en 2006, xa con números de catro e cinco cifras tras a posta en marcha do foro. Agoa no 2007 os datos son alentadores, xa que en só dous meses cuadriplicamos os datos de todo 2005 (desde maio).
Falla de fiabilidade dos "medidores de popularidade" tipo Alexa
Cos nosos datos na man fica patente a falla de fiabilidade dos "medidores de popularidade" tipo Alexa ou dos rankings baseados en Alexa, pois mentres estes medidores sitúan a ArroutadaNoticias.com nun momento "baixo" de visitas os nosos datos revelan o mellor período desde a posta en marcha do xornal. Tampouco se entenden os altos e baixos que se observan nas gráfica do citado "medidor", pois se puxéramos os datos nunha gráfica o resultado sería unha liña recta ascendente, practicamente sen baixadas. (ver datos de ArroutadaNoticias.con no web de Alexa premendo aqui)
Seccións máis visitadas
A sección máis visitada é sen dúbida o foro, do que podemos presumir de ser o máis activo -e libre de SPAM- da rede galega do momento con máis de 120.000 mensaxes publicadas (unhas 200 por día).
Por outro lado as seccións de recente creación como a de Cinema ou a de Cociña están a ter moi boa acollida. O incremento de colaboracións da sección de Opinión, así como unha maior frecuencia de actualización reflexan tamén un aumento de leituras desta sección.
De cara ao futuro
Aínda que os datos son moi bos, dende ArroutadaNoticias.com somos conscientes de que aínda queda moito traballo por facer, e non queremos ficar durmidos polos datos. Unha maior ritmo de actualización das novas, unha mellora no deseño ou a creación de novas seccións e mellora das xa existentes, son algúns dos retos que temos por diante.
Agradecemos a todas as persoas que nos acompañan diariamente e que fan posíbel que este proxecto siga adiante e vaia medrando día a día.
Voltar á Portada
Ver anteriores |
Publicidade:
|