Publicidade
Contacto
|
*O Salón Erótico do Atlántico celebra a súa segunda edición en Vilagarcía con importantes novidades
· Increméntanse notabelmente os espectáculos dirixidos ás mulleres
· Novos contidos e horarios para gozar sen complexos dunha das mellores feira eróticas de Europa
Redacción 01 de marzo de 2007 Por segundo ano consecutivo, nesta ocasión entre os días 16 e 18 de marzo, Vilagarcía de Arousa acolle o Salón Erótico do Atlántico (SEDA) que se celebrará no Recinto Ferial de FEXDEGA.
A filosofía de SEDA é ser distintos e profesionais, e os organizadores do salón buscan como obxectivos a normalización do sector, dando aos espectáculos un toque de erotismo, sensualidade, suavidade e estilo.
Entre as novidades desta segunda edición está a de intensificar os espectáculos dirixidos ás mulleres, respondendo así a unha demanda xeneralizada dos visitantes de SEDA 2006.
A proba dese interese por atender ao sexo feminino está no feito de que se triplique o número de artistas masculinos, que pasan dos dous da edición anterior aos seis desta ocasión.
En total os escenarios que se habilitarán con motivo do Salón Erótico do Atlántico acollerán a 16 artistas, entre homes e mulleres, entre os que se atopan algúns dos máis destacados do sector erótico internacional.
SEDA constitúese, ademais, como unha plataforma para contactos profesionais e internacionais. Entre outras cuestións non se esquecen as actividades culturais baseadas no erotismo, tais como conferencias, exposicións de arte, presentacións de literatura erótica etc.
Os novos espectáculos estarán estructurados en diferentes actividades entre as que destacan o AEROSTRIP, variante de arobic como fórmula de aunar corpos en forma co erotismo, galas de fetish Glam, pases de películas eróticas e pornos en sesión continua, exposicións fotográficas e conferencias. Non faltarán o casting de actores, un dos grandes éxitos da pasada edición ou o paseo das estrelas onde os fans dos artistas poderán recoller autógrafos e fotografarse con eles.
Para adaptarse mellor á demanda dos visitantes, establécense novos horarios. O venres 16 e o sábado 17, o salón abrirá as súas portas ás seis da tarde e pechará ás 3 da madrugada. Xa o domingo, a apertura será ás catro da tarde e finalizará ás 12 da noite.
O prezo das entradas mantense en 20 euros.
Edición 2006
Durante a primeira edición do SEDA un total de 12000 persoas visitaron o salón, todo un éxito tendo en conta que era a primeira edición dun salón erótico pioneiro en Galiza.
Un total de 30 expositores e máis de 50 espectáculos son os datos da pasada edición.
Uns datos que aorganización valora como moi positivos e que agardan superar este ano.
Toda a información so SEDA no enderezo www.salonseda.com
Voltar á Portada
Ver anteriores |
Publicidade:
|