ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*O PP perde a maioría na Deputación de Lugo e mantén "in extremis" a de Pontevedra

Publicidade:


Chuza! esta nova!
Redacción 28 de maio de 2007 A xornada electoral de onte deixa ao PP fora do goberno da Deputación Provincial de Lugo e mantén "in extremis" a de Pontevedra. Os populares perden tamén a maioría na cidade de Ourense e socialistas fan o mesmo nas cidades de Lugo e A Coruña. O BNG seguirá gobernando en Pontevedra a pesar da perda de tres concelleiros. En Vilagarcía de Arousa forte caída do PSOE. En Vigo e Santiago de Compostela socialistas e nacionalistas superan ao PP.

Unha xornada sen incidencias que deixaba algunhas sorpresas nos resultados, como a ausencia de maiorías nas cidades ou a perda da Deputación de Lugo polo PP.

De chegaren a acordos o BNG e o PSOE gobernarían nas 8 cidades, aínda que en Ferrol e Vilagarcía de Arousa existen outras posibilidades que poderían dar lugar a outros acordos distintos a BNG-PSOE.

O PP perde votos e concelleiros con respecto ás do 2003 mentres que o BNG sofre unha leve caída de votos pero aumenta no total de concelleiros.

Podes consultar os resultados de todos os concellos na páxina web da CRTVG:
http://eleccions.crtvg.es/eleccions/

E o das Deputacións na do Ministerio:
http://www.locales2007.mir.es/dipu/FTOP.htm

Outros datos tamén na do Ministerio:
http://www.locales2007.mir.es/inicialv.htm



Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com