|
Publicidade Contacto |
*Henrique Tello: "o BNG gobernará a Coruña con sentido común"
Redacción 23 de maio de 2007 Tello criticou que a cidade "estivo dirixida durante 24 anos por unha equipa que priorizou as gominolas ao pan, que investiu 18 millóns de euros nun ascensor que leva a ningures, antes de arranxar os problemas dos seus cidadáns". Por iso, o candidato nacionalista pediu o voto para o BNG "porque os problemas de hai 24 anos son os mesmos que os de agora e quen non foi capaz de resolvelos neste tempo, non o vai facer agora". Henrique Tello afirmou que "para que os cidadáns e cidadás poidan mercar unha vivenda na cidade, para que teñan máis alternativas ao uso do coche e non fiquen todos os días atrapados nun atasco, para que os mozos teñan emprego na súa cidade e non teñan que emigrar, é necesario un voto masivo ao BNG". Tello fixo estas declaracións este serán na Coruña durante o mitin central do BNG. Po outra banda o portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, quen tamén estivo no mítin, pediu á cidadanía galega que este domingo dea un voto "en positivo" para "a política "limpa e comprometida con Galiza e coa Coruña do BNG". O líder nacionalista subliñou que o BNG "xa conseguiu un grande éxito nesta campaña, que é que se fale do que lle interesa á xente e non das promesas de trens que non se sabe cando van vir". "Quen quere Feijóo que taxe o prezo da vivenda? Os especuladores?" Neste sentido, o portavoz nacional do BNG lamentou a falla de compromisos concretos do PP en política de vivenda. Quintana asegurou que "Feijóo o outro día perdeu o tren en Ourense e hoxe perdeu a oportunidade de asumir o compromiso en materia de vivenda plantexado polo BNG". A este respeito, referiuse á publicidade realizada polo PP na que se compromete a ofertar unha vivenda a prezo taxado. Quintana preguntouse "taxada por quen?, polos especuladores?, polos promotores?, polo mercado libre?". Compromiso do BNG: 4 de cada 10 vivendas que se constrúan serán de protección pública Fronte ás "promesas" do PP o líder nacionalista subliñou que "a proposta do BNG é ben clara: de cada 10 vivendas construídas en Galiza, 4, cando menos, serán vivendas protexidas". "O PP -engadiu- aínda ten dous días para asumir esta proposta se quere falar a serio de vivenda". Voltar á Portada Ver anteriores |
Publicidade:
|
|
