ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*Innovación e Industria colaborará cos empresarios de hostalaría para a realización de distintas actuacións de promoción turística

Publicidade:

Chuza! esta nova!
Redacción 23 de maio de 2007 A Consellaría de Innovación e Industria destinará 162.000 euros ao financiamento de diversas accións de promoción turística que se van desenvolver no marco dun convenio de colaboración que o departamento autonómico subscribirá coa Confederación de Empresarios de Hostalaría de Galiza (CEHOSGA).

O orzamento total previsto para o proxecto de actuacións ascende a 270.000 euros e nel inclúese a edición de oito números da publicación "Hostalaría-Cehosga" (cunha tirada por número de 20.000 exemplares que serán distribuídos por toda Galiza e a sectores relacionados co gremio no conxunto do Estado), e a organización da "Gala de Hostalería", onde se premia aos profesionais do sector polos seus méritos durante a súa traxectoria.

De igual xeito, en virtude do convenio que autorizará o Consello da Xunta o próximo xoves, dotarase de medios persoais ao punto de información turística situado no local social de CEHOSGA, na compostelá rúa San Lázaro, no Camiño Francés, e procederase á instalación e mantemento de vallas publicitarias da campaña "Visitar Galiza" en Valença do Miño (Portugal), Benavente (Zamora) e Ávila. Por último, o acordo entre Consellaría e CEHOSGA posibilitará a publicación dunha guía de información turística en inglés (20.000 exemplares), francés (15.000 exemplares) e alemán (10.000 exemplares).

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com