|
Publicidade Contacto |
*Rapazas e rapaces de bacharelato participarán nas actividades de natureza e aventura da Dirección Xeral para o Deporte
Redacción 23 de maio de 2007 Ao abeiro do programa Deporte na Escola, impulsado pola Consellería de Cultura e Deporte e a Consellería de Educación, a Dirección Xeral para o Deporte convoca este ano un programa especial baseado en actividades de natureza e aventura, destinado aos rapaces e rapazas de 1º e 2º de bacharelato con máis de seiscentas prazas. Desta maneira, ofertaranse actividades de sendeirismo, obradoiros de pesca, actividades subacuáticas, remo e piragüismo, orientación, descensos en canoa... entre outras. A inscrición nestes actividades pode facerse ben de xeito individual, ben en grupos, ata o 29 de maio, cumprimentando o formulario de inscrición que pode descargarse na web www.deporteescolargalego.org, e remitíndoo por correo electrónico aos Servizos Provinciais de Deportes. As actividades, que darán comezo a partir do día 2 de xuño, organizaranse por provincias e teñen por obxectivo implicar aos rapaces e rapazas de bacharelato nas opcións lúdicas e deportivas que ofrece a natureza, sobre os principios do desenvolvemento harmónico que aportan as actividades físico-deportivas. O obxectivo do programa Deporte na Escola é, fundamentalmente, concienciar aos e ás escolares dos beneficios da actividade deportiva, difundir os valores de xogo limpo e procurar a convivencia e o traballo en equipo garantindo a igualdade de oportunidades entre rapaces e rapazas. Voltar á Portada Ver anteriores |
Publicidade:
|
|
