ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*Quintana pede un "voto masivo" da mocidade galega ao BNG "para deixar atrás as políticas antigas que só trouxeron paro e emigración"

Publicidade:

Chuza! esta nova!
Redacción 23 de maio de 2007 O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, pediu onte á mocidade galega "un voto masivo o día 27 ao BNG para deixar atrás as políticas antigas que só trouxeron paro e emigración". Quintana fixo estas declaracións en Lugo durante o mitin central do candidato do BNG á alcaldía da cidade da muralla, Xosé Anxo Laxe. Pediu ademais, en alunisón a unha foto dos lideres do PP na estación do ferrocarril de Ourense, que o 27 lle mercasen un billete ao PP para "mandalos para casa".

O líder do BNG asegurou que "é necesario que a mocidade galega se mobilize este domingo para que as politicas de cambio real que está a implementar o BNG na Xunta de Galiza se trasladen tamén aos concellos, deixando atrás dunha vez por todas as políticas antigas que lle negan o futuro á xente nova deste país".

Catro compromisos fundamentais dende os concellos do BNG coa mocidade
A este respeito, Anxo Quintana subliñou que "o BNG fala como os mozos e mozas de Galiza: claro e con compromiso".

Así, o portavoz nacional lembrou os catro compromisos fundamentais coa mocidade que se porán en marcha nos concellos gobernados polo BNG.

En primeiro lugar o apoio ás políticas de emprego mediante o investimento de 3 de cada 10 € dos investimentos do concello; en segundo lugar compromiso para facilitar o acceso á vivenda mediante a construción de 1.000 vivendas de aluguer para a xente nova nos cascos históricos durante os próximos catro anos e mediante a construción de vivenda protexida.

Por último, Anxo Quintana comprometeuse cos mozos e mozas de Galiza a impulsar alternativas de lecer, como a rede galega de locais de ensaio, e a apoiar o deporte de base.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com