ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*GalizaBanner impartirá por primeira vez fóra dos EUA cursos de formación de Google Adwords
· Trátase da única empresa galega que colabora con Google na celebración destes seminarios oficiais de publicidade online

Publicidade:

Chuza! esta nova!
Redacción 21 de maio de 2007 A axencia de medios interactivos GalizaBanner foi a única empresa galega seleccionada por Google para impartir os seus cursos de formación sobre publicidade a través do servizo Adwords. O feito de ser unha Adwords Qualified Company (empresa cualificada para a implementación de campañas en Adwords) pesou significativamente na decisión.

O primeiro seminario desenvolverase en Vigo o 15 de xuño. Realizarase nunha sesión de 4 horas, nas dependencias de Academia Postal, entidade colaboradora no evento. Nese tempo, os expertos de GalizaBanner introducirán os asistentes no marketing en Internet e ensinaranlles a compoñer e optimizar as súas campañas publicitarias en Google Adwords.

Para matriculárense, os profesionais de pemes aos que vai dirixido o seminario deben cubrir unha solicitude aloxada na web de GalizaBanner (http://www.galiciabanner.com/cursos_adwords). Non poden asistir representantes de empresas susceptíbeis de operar como intermediarios de Google (axencias, desenvolvedores web, consultores SEM…). Os alumnos obterán un Diploma Oficial Google Adwords, un pack con material promocional de Google e un cupón de 50 euros para que emprendan campañas en Adwords. Os cursos repetiranse cunha periodicidade mensual, en Vigo e noutros puntos de Galiza.

Os seminarios de Adwords enmárcanse dentro do plan de expansión de Google no estado español. O seu obxectivo é que as pequenas e medianas empresas coñezan a potencialidade e o beneficio de publicitárense en Internet, especialmente mediante as ligazóns patrocinadas do motor de buscas con máis usuarios no estado. Google escolleu 19 compañías en todo o Estado para impartir os seus cursos oficiais.

Google Adwords
Adwords é o programa de xestión publicitaria que permite a aparición nos resultados de Google de enlaces patrocinados relacionados cos conceptos que o usuario teclea.

Poden atopar máis detalles sobre este servizo en http://adwords.google.com.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com