|
Publicidade Contacto |
Redacción 19 de maio de 2007 Chega unha nova era para o transporte de mercadorías por mar. A importancia do tráfico marítimo é indiscutible, e a Unión Europea ten a intención de optimizar este tráfico para favorecer a economía común, mediante a investigación e o fomento de novas e máis específicas rutas marítimas. Este ano os portos galegos de Vigo e A Coruña deberán presentar uns proxectos para grandes rutas marítimas coa costa atlántica francesa, coa intención de reducir o tráfico de mercadorías por estrada, moito mais custoso en comparación co tráfico mariño mercante. Estes proxectos estarán englobados nun máis amplo denominado “autoestradas do mar” que abarca toda a Unión Europea. Nun principio os portos galegos non o teñen fácil, pois compiten co resto de portos da fachada atlántica, destacando as candidaturas de Bilbao, Santander e Pasaxes. A situación das estradas e vías férreas de Galiza son unha desvantaxe en relación co resto do estado, pero a situación privilexiada de Galiza, xusto enfronte das principais rutas marítimas de Europa, proporcionan unha vantaxe excepcional, e que incluso converten en rareza a situación das comunicacións terrestres e do sector naval da nosa comunidade. Aínda pensando nun favoritismo do estado por algún dos portos competidores con Galiza, Portugal xa amosou o seu interés de apoiar unha candidatura conxunta de Coruña, Vigo, Leixões e Lisboa e reforzar o tráfico marítimo, e consecuentemente a economía, na rexión galegoporuguesa. De conseguilo, estes portos poderían ver incrementado o seu tráfico nunha media de mais de 5 grandes buques por día. Por outro lado, a optimización das rutas estaría enormemente desaproveitada se non vai acompañado dunha investigación e modernización do transporte. Nese punto a Xunta investiu no desenvolvemento, e agora na futura construción, dun novo buque catamarán portacontedores, que presenta medios independentes de carga e descarga de contedores, pouco calado, e alta velocidade (30 nós, fronte a media de 15-20 nós) que pretende revolucionar o mercado e o tráfico de contedores. Voltar a Marítima Ir á Portada Ver Anteriores |
Publicidade:
| |