ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*The Sunday Drivers namoran en Arousa
· Onte deu comezo a VI edición do Festrival do Norte en Vilagarcía de Arousa
· Arroutada Noticias estivo ali



Festival do Norte 07


Publicidade:

Chuza! esta nova!
Artigo: Diego Marcos. Foto: David Casal

Redacción 19 de maio de 2007 Despois de varios anos tentando atopar o rumbo o Festrival do Norte 2007 por fin deu cunha aposta ben definida no seu cartel inspirado principalmente por grupos do selo discográfico Mushroom Pillow que o público soubo valorar cunha das entradas máis importantes dende a creación do Festival. Ademais este ano todo comezou ben, a climatoloxía acompañou, o público era novo e animoso, e por si fora pouco; a música... excepcional.

A aposta forte da noite foron os The Sunday Drivers, sen dúbida un dos grupos españois con mais proxección do momento, cun público entregado, interpretaron a meirande parte do seu disco recentemente publicado Tiny Telephone. Preto das once e media abreron co seus Rainbows of colours incrementando o ritmo do show ata pasar polo seu exito actual Do it pasando polo tema máis popular da banda On my mind, para rematar o seu repertorio co himno Little heart attacks, que foi coreado por todos os asistentes para sorpresa e gratitude da banda que despediu con aplausos aos incondicionais congregados en Arousa

Esta noite seguen os concertos do Festival do Note a partir das 19 horas tendo como prato forte do cartel o artista Deluxe.

Máis información en www.festivaldonorte.com

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com