|
Publicidade Contacto |
*A carpa Ruando chega mañá a Santiago de Compostela
Redacción 16 de maio de 2007Logo dunha gran acollida no seu paso por Monforte de Lemos e máis recentemente polo evento deportivo "Vilagarcía basket cup 2007", o proxecto Ruando, deporte para todos, estará instalado dende maña, xoves, as 11,30 horas, no patio interior do Centro Comercial "Area Central". Ruando é unha iniciativa da Fundación Deporte Galego e a Dirección Xeral para o Deporte que recorrerá toda a xeografía galega fomentando a práctica do deporte base en combinación con outras actividades de ocio e diversión. Este proxecto conta co patrocinio de Caixanova e a colaboración de Gadisa. Con tal motivo , habilitouse unha espectacular carpa de máis de 600 m2 , na que se instalou unha pista polideportiva onde se poderán practicar, entre outros, baloncesto, fútbol, bádminton, etc. A oferta complementase con outras actividades coma Internet, grandes inchables (pegamoscas...), xogos tradicionais e diversas actuacións de paiasos, zancudos e espectáculos de globoflexia, entre outros. Tamén contará cunha zona infantil para os máis pequenos. A carpa permanecerá aberta a todo o público dende o xoves 17 de maio até o próximo sábado, día 19 de maio. Voltar á Portada Ver anteriores |
Publicidade:
|
|
