ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*O CEIDA abre a exposición "Amigo Lobo. Lenda e realidade do Lobo Ibérico" <

Publicidade:

Chuza! esta nova!
Redacción 16 de maio de 2007 O Castelo de Santa Cruz (Oleiros), sede do CEIDA, acolle durante os meses de maio e xuño unha exposición monográfica sobre o lobo "Amigo Lobo. Lenda e realidade do Lobo Ibérico", que está adicada a Félix Rodríguez de la Fuente.

A mostra está composta por un módulo fotográfico con máis de 150 imaxes sobre a bioloxía, ecoloxía e a problemática actual do lobo ibérico. Outra das partes da exposición fórmana exemplares naturalizados (contén un lobo disecado), pezas óseas actuais e fósiles de lobos e doutros cánidos. Ademais, a exposición conta con obxectos relacionados coa cultura asociada ao lobo.

A entrada, aberta a todos os públicos, é gratuíta. O horario é de luns a venres de 10 a 14 e de 16 a 19 horas. Os sábados está aberta de 11 a 14 horas.

O CEIDA tamén ofrece aos centros educativos de secundaria un programa adaptado aos estudantes cunha visita guiada pola exposición.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com