ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*Chega VI edición do Festival do Norte
· Será o 18 e o 19 de maio en Vilagarcía de Arousa

Publicidade:

Chuza! esta nova!
Redacción 14 de maio de 2007 Nesta VI edición o Festival do Norte conta con 16 grupos no seu cartel repartidos en tres escenarios, que estarán situados coma nos últimos anos no recinto feiral de FEXDEGA da capital arousá.

Con uns prezos máis reducidos que outras edicións (entre 12 e 22 euros), a organización apostou este ano por grupos de menos renome mantendo a calidade.

Deluxe, CatPeople, Delorean, Astrud, Catpeople, Triángulo de Amor Bizarro o Travolta, entre outros, tocarán a partir das 19.00 horas do venres e do sábado.

O abono polos dous días inclúe acceso á zona de acampada, que estará situada no Parque do Castriño.

Como novidade deste ano o festival contará coa "Carpa Festival do Norte Dance Club" onde catro Dj's pecharán a festa os dous días.

Prezos
Entrada un día: Anticipada: 12€ Taquilla: 15€
Abono (Dous días): Anticipada: 18€ Taquilla: 22€

Puntos de venta anticipada
A través de Caixanova: www.caixanova.es ou en por teléfono: 902504500
Tendas de discos:
Santiago: Gong Discos, Discoprecio
A Coruña: Nonis, Portobello
Pontevedra: Vázquez Lescaille, Froiz (Cobián), Tipo
Vigo: Elepé, Tipo, Gong Discos
Ourense: Peggy Records
Vilagarcía: Discos Froiz, Vázquez Lescaille

Horario de actuacións:

Venres 18
ESCENARIO CAIXANOVA
The Blows 19:00 - 19:30
Mendetz 19:45 - 20:15
Triángulo de Amor Bizarro 20:30 - 21:15

ESCENARIO ESTRELLA GALIZA
Travolta 21:15 - 22:00
Fernando Alfaro y Los Alienistas 22:15 - 23:00
The Sunday Drivers 23:15 - 0:25
Astrud 0:40 - 1:30
Delorean 1:45 - 2:30

CARPA FESTIVAL DO NORTE DANCE CLUB
Homeboy Dj 2:30 - 4:00
Dorian Dj 4:00 - 5:30

Sábado 19
ESCENARIO CAIXANOVA
Igloo 19:00 - 19:30
Ectoplasma 19:45 - 20:15
Schwarz 20:30 - 21:15

ESCENARIO ESTRELLA GALIZA
Grupo de Expertos Solynieve 21:15 - 22:00
Sr. Chinarro 22:15 - 23:00
Lori Meyers 23:15 - 0:05
Deluxe 0:20 - 1.30
Catpeople 1.45 - 2.30

CARPA FESTIVAL DO NORTE DANCE CLUB
Dj Kitten 2:30 - 4:00
Dj Curtis 4:00 - 5:30

Máis información na páxina do festival: www.festivaldonorte.com

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com